A A.V. DE TEIS, DEMANDA UNHA PLANTACIÓN DE ARBORES AUTÓCTONAS, NOS TERREOS DA TALA DO MONTE DA GUÍA.

|

A Asociación Veciñal de Teis, demanda do goberno municipal de Vigo, que realice unha plantación de arbores autóctonas no monte da Guía. Desde o pasado mes de decembro, o Concello de Vigo, encargou a unha empresa a tala de arbores na súa maioría eucaliptos e acacias, no entorno da baixada ao club de remo, en terreos municipais e privados.

O pasado 5 de xaneiro está Asociación dirixiuse por correo electrónico e logo polo rexistro a Concellaría de Parques e Xardíns, solicitando información sobre cal era os motivos desta tala, a necesidade de realizar unha plantación de arbores autóctonas nestes terreos e que o Concello mercara os terreos privados onde se realizou está tala.

A plantación de arbores autóctonas ( carballos, castiñeiros, bidueiros, sobreiras,...) evitaría que en poucos anos nestes terreos estén ocupados novamente por eucaliptos e acacias, arbores invasoras e así poder cunha nova masa forestal no monte da Guía.

Desde a Asociación, tamén reivindicamos que o Concello de Vigo, merque os terreos privados onde se realizou a tala, ao estár abandonados, isto suporía ao estar no entorno da praia da Punta e do paseo do borde do litoral, aumentar o espazos de lecer e esparcemento na praia da Punta e no monte da Guía.



IMG 20210112 090449



Comentarios