MAREA DE VIGO PIDE QUE AS ÁREAS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL (ARI) SEXAN AS MÁXIMAS POSIBLES E NON QUEDEN AO ARBITRIO DAS LEAS ENTRE XUNTA E CONCELLO.

|

  • Marea de Vigo cualifica as Áreas de Rehabilitación como unha figura urbanística esencial para a mellora da eficiencia enerxética, o aillamento térmico e a accesibilidade en moitas vivendas e na xuntanza da Xerencia de Urbanismo de mañá pedirá información sobre o acontecido.




Para o Grupo municipal da Marea de Vigo “non é comprensible a falta de autorización para a totalidade das seis propostas remitidas á Xunta por parte do Concello de Vigo”, en todo caso, o Grupo tamén considera que “existen aínda máis áreas que poden ser susceptibles de financiación pública para a súa rehabilitación, coma o bloque de vivendas da avenida de Castelao 87 (onde se ubica a escola municipal de teatro) que son exemplo de vivendas construídas no ano 61 e que entrarían perfectamente no mesmo criterio, ou moitas vivendas do barrio de Coia que actualmente están fóra dos ARIS configurados (neste caso só figuran as da rúa Bueu e Moaña no devandito barrio)” segundo explica o seu voceiro, Rubén Pérez.

Marea de Vigo considera moi necesarias as actuacións que o Concello remitiu á Xunta e que completarían as xa existentes do ARI CASCO VELLO DE VIGO, ARI BOUZAS, ARI BUEU-MOAÑA. COIA e o ARI CASAS DE SANTA CLARA, sendo estas: as vivendas de Beiramar, Espiñeiro en Teis, San Pablo tamén en Teis e San Roque. “Debería publicitarse con maior énfase a existencia destas axudas xa que en case todos os exercicios moitos recursos das mesmas quedan sen usos e salvo que se consignen de novo os remanentes, como se fixo na última Xerencia de Urbanismo, o montante do mesmo pérdese e non pode ser empregado na cidade” matiza o voceiro.

Rubén Pérez quere sinalar ademais que “estamos falando de actuacións esenciais que se poden realizar gracias ás aportacións do estado e o Concello pero que teñen que ter aprobación autonómica ao ser parte dos recursos do Plan Estatal de vivenda que se transife ás comunidades autónomas”. “Non entendemos – prosigue - porque a Salgueira e o edifico de Fenosa da Travesía quedan fóra, porque se é un problema de recursos estamos nun momento en que hai maior financiamento e mesmo fondos europeos que poden completar a aportación das administracións”.

Marea de Vigo afirma, non obstante, que hai aínda moitas actuacións fóra da consideración de Área de Rehabilitación Integral, coma os edificios mencionados en Coia e numerosas vivendas das antigas unidades sindicais do Ministerio de Vivenda franquista “que terían xa que ter a solicitude formal do Concello de Vigo para ser incorporables aos programas de rehabilitación” matiza o concelleiro. Ante a inerpelación aos grupos da oposición por aprte de Abel Caballero a posicionarse sobre a negativa da Xunta, Marea de Vigo responde que “apoia totalmente ao Concello na solicitude de inclusión destes seis ámbitos”, do mesmo xeito que “pide a ampliación dos mesmos cos exemplos citados”.

Marea de Vigo considera as Áreas de Rehabilitación como unha figura urbanística esencial para a mellora da eficiencia enerxética, o aillamento térmico e a accesibilidade en moitas vivendas que fóron construídas en aluvión no periodo de maior crecemento da cidade nos anos 60-70 e espera que a Xunta e o Concello “non fagan desta pugna o enésimo capítulo cuxo resultado só é a paralización do urbanismo sostible e a rehabilitación que miles de vivendas da cidade precisan, algunhas con extremada urxencia” incide Pérez.

Maña martes, na xuntanza semanal da Xerencia de Urbanismo, o Grupo municipal da Marea de Vigo solicitará os informes para coñecer os motivos da no inclusión da totalidade das propostas remitidas á Xunta por parte do Concello de Vigo.


Comentarios