Feijóo anima a los casi 50.000 gallegos citados por el sergas la que acudan a los acribillados que se realizarán este fin de semana en 18 ayuntamientos

|

  • Salienta que, desde comezos de ano e incluíndo a previsión ata esta fin de semana, a Xunta está a habilitar recursos para que máis de 330.000 galegos poidan someterse a estas probas
  • Destaca tamén a posta en marcha dun programa de colaboración coas farmacias, para achegar kits de saliva a determinados grupos de poboación, coa súa análise en laboratorio e de xeito que de ser positiva a mostra se realice unha PCR






O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe aos case 50.000 galegos citados polo Servizo Galego de Saúde a que acudan aos cribados que se realizarán, esta fin de semana, en 18 concellos das catro provincias.

Durante unha vista esta mañá á zona de cribado de detección da covid, situada no Ifevi, en Vigo, Feijóo salientou que, desde principios de ano e incluíndo a previsión ata esta fin de semana, a Xunta está a habilitar recursos para que máis de 330.000 galegos poidan someterse a probas diagnósticas nun destes cribados. “Deles, máis de 80.000 pertencen á área de Vigo”, dixo, incidindo en que se trata dun método rápido e seguro, posto a disposición para detectar portadores do virus.

“Animo a todos a acudir a estes dispositivos”, abundou, referíndose ademais aos cribados que se realizan nas residencias, nos centros sanitarios, no eido educativo e en grandes centros económicos e de produción.

Logo de resaltar que neste recinto, desde o inicio do dispositivo ata o domingo, están convocados preto de 47.000 persoas, Feijóo destacou tamén a posta en marcha dun programa de colaboración coas farmacias, para achegar kits de saliva a determinados grupos de poboación, coa súa análise en laboratorio e de xeito que de ser positiva a mostra se realice unha PCR.

Cómpre salientar que esta iniciativa porase en marcha de xeito piloto en seis farmacias da provincia de Pontevedra, ata incorporar progresivamente a un total de 235 da provincia.

O presidente do Goberno galego reiterou, así mesmo, o compromiso coa mellora continua da sanidade pública galega, reflectido, por exemplo: na posta en marcha da ampliación de varias unidades do Álvaro Cunqueiro; no investimento para rehabilitar o Meixoeiro; na partida que a Administración autonómica está a destinar para o centro

de saúde de Bouzas; ou no inicio da construción do centro integral de saúde Olimpia Valencia.

Comentarios