Fernández-Tapias urxe a Caballero a que diga canto vai a aportar en axudas directas ao sector da hostalería de Vigo

|

  •  A delegada territorial en Vigo mantivo hoxe unha xuntanza coa Asociación de Hostaleiros e Comerciantes do Casco Vello, na que puxo en valor as axudas autonómicas; máis de 4 millóns de euros en apoios directos ao sector na cidade
  •  Recordou que Galicia é das poucas comunidades que activou iniciativas de rescate reais e á altura, mobilizando en apenas 90 días axudas por importe de 160 millóns
  •  A representante galega sinalou que as reaccións lentas ou inexistentes como é o caso do Concello vigués so poden levar á quebra irremisible de moitas empresas


A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, urxiu novamente ao alcalde vigués, Abel Caballero, a responder á solicitude do propio sector e anuncie a cantidade que vai a destinar en axudas directas para paliar os efectos do peche da hostalería.

Fernández-Tapias foi tallante ao afirmar que as reaccións lentas ou inexistentes como é o caso do Concello vigués so poden levar á quebra irremisible de moitas empresas, polo que apelou ao sentido común e reclamou ao rexedor que reaccione con urxencia. O fixo tras manter unha xuntanza coa nova Asociación de Hostaleiros e Comerciantes do Casco Vello, recentemente creada co obxectivo de favorecer a dinamización do barrio histórico. Un encontro no que a delegada puxo en valor os máis de 4 millóns de euros que a Xunta destinou en apoios directos ao sector na cidade.

A representante autonómica mostrouse especialmente crítica con que haxa administracións que nos once meses que levamos de pandemia non deran nin unha axuda ao sector e, neste senso, lamentou a falta de compromiso do alcalde cos interlocutores sociais e colectivos máis afectados por polas restricións sanitarias a consecuencia da pandemia, que están reclamando activar estas axudas o antes posible.

E neste contexto, apuntou que Galicia é das poucas comunidades que activou iniciativas de rescate reais e á altura, mobilizando 160 millóns de euros en apenas 90 días. Segundo adiantou, o segundo Plan de Rescate con 75 millóns de euros en novas axudas directas activarase nos próximos días. “Reaccionamos con urxencia, unha vez máis, para paliar os efectos nocivos desta crise na hostalaría e noutras actividades económicas”, sinalou.

“As axudas chegarán a máis negocios, con menos requisitos, máis rápidas, acumulables e complementarias coas recibidas no primeiro Plan de Rescate e co resto dos apoios anti-covid do Goberno galego”, anotou. Por tanto, a Xunta dá axilidade e elimina burocracia, cun maior importe das contías en función das perdas rexistradas. A Xunta estenderá estas axudas aos establecementos pechados como consecuencia das últimas restricións, pero tamén aos que soamente puideron servir comidas e bebidas en terrazas, para levar, ou a domicilio nas últimas semanas.

Xunto á hostalería e autónomos, indicou poderán beneficiarse destes apoios actividades como ximnasios, feirantes e ocio infantil, que tal e como expuxo contarán cunha liña específica.

20210208ReunionAsociacionComerciantesHostaleiroCascoVello



Comentarios