El área sanitario de Vigo individualiza las habitaciones del hospital Meixoeiro

|

  • Trátase dunha medida adoptada para minimizar o risco de posibles abrochos de infección por Covid19
  • Segue o modelo do Álvaro Cunqueiro, de contrastada eficacia, que permite duplicar as camas en caso de necesidade
  • Vaise reforzar o persoal con 14 TCAES máis, duplicando así as presenzas nas quendas de tarde e noite
  • Créase a figura do familiar coidador, que poderá acompañar ao paciente durante todo o ingreso hospitalario e que disporá de manutención e cama


A Área Sanitaria de Vigo iniciou hoxe un proxecto para individualizar as habitacións do hospital do Meixoeiro -ata agora dobres- co obxecto de que cada paciente estea ingresado nunha habitación individual .

Esta medida adóptase tras a análise do comité multidisciplinar Covid19 do CHUVI, que establece unha serie de recomendacións para minimizar o risco de posibles abrochos de infección polo coronavirus no Meixoeiro e, no seu caso, contelos e afrontalos con maior seguridade.

Entre as devanditas propostas recóllese a necesidade de que, na medida do posible, se ingresen aos enfermos en habitación individual xa que, atendendo ao perfil destes pacientes, trátase dun grupo máis vulnerable ou de maior risco de contaxio.

Esta actuación enmarcase tamén no Plan Estratéxico vixente na Área Sanitaria de Vigo, na liña de Humanización, ao favorecer o confort e intimidade do usuario na súa estadía hospitalaria.

191 habitacións individuais

Ata o día de hoxe, das 191 habitacións do Meixoeiro, solo 48 eran de uso individual. Agora serán individuais a totalidade (191), podendo duplicarse o número de camas ata as 369 (41 máis que as actuais, un12,5%).

Para adaptar o centro a este fin establécense dúas fases. A Fase1, con 17 camas de hospitalización por Unidade; e a Fase 2, con 34 camas. Esta reordenación reproduce o modelo do Hospital Álvaro Cunqueiro, caracterizado por unha gran flexibilidade e que ten resultado de contrastada eficacia, sobre todo durante esta pandemia. Este modelo posibilita en caso de necesidade, activar a Fase2 e habilitar a segunda cama na habitación dun xeito rápido e áxil.

No día de hoxe procedeuse á individualización das habitacións da planta 5ª,6ª e 7ª; e o luns completarase coa planta 3ª e a 2ª .

Esta reorganización conleva un reforzo de persoal, que se incrementará con 14 TCAES máis, o que supón duplicar as presenzas nas quendas de tarde e noite.

Un paso máis cara á humanización

Ademais, en canto ás visitas e acompañamentos dos pacientes, co obxecto de suavizar as restricións vixentes para garantir a seguridade de traballadores e usuarios, decidiuse instaurar a figura do Coidador por paciente.

Neste senso, ao familiar ou achegado que o paciente designe como coidador, se lle posibilitará que acompañe de xeito continuado á persoa ingresada durante toda a súa estadía hospitalaria. Como deberá permanecer na habitación do paciente, se lle ofrecerá manutención, cun menú de acompañante, e poderá descansar na segunda cama da habitación. Este coidador, que terá unha identificación (tarxeta verde e soporte) terá que realizarse PCR de control cada 6 días.

Comentarios