MAREA DE VIGO PIDE A APERTURA CONTROLADA DE TODOS OS PARQUES INFANTÍS E ÁREAS BIOSAUDABLES DA CIDADE.

|

Rubén Pérez: “Ante a saturación que se produciu na fin de semana no macro parque infantil da rúa Venezuela, pedimos ao Goberno local a apertura inmediata de todos os parques infantís e áreas biosaudables mantendo unha política seria de desinfección permanente e varias veces ao día, así como a contratación do persoal necesario tanto para tareas de desinfección como para controlar os aforos”.

A necesidade de esparcimento das nenas e dos nenos debe ir acorde á situación sanitaria, e por iso Marea de Vigo empraza ao Goberno local a que faga o que corresponde, en consonancia co ademais trasladado polo Ministerio de Sanidade ao conxunto das entidades locais.



No concello de Vigo apenas se manteñen na actualidade tres parques dispoñibles. “Este- formato do Concello de facer macro parques infantís en lugar de facer parques máis pequenos que-queden máis facilmente diseminados nunha zona xeográfica están xerando un efecto de masificación como o que se puido ver esta fin de semana na rúa Venezuela, efecto que neste momento é nada recomendable” matiza Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal. “A decisión do. Goberno local de non mantelos abertos redúcese ao aforro en canto aos custos de desinfección permanente que significaría manter estas áreas abertas” engade.

O propio Ministerio de Sanidade dirixiuxe aos Concellos recentemente para recomendarlles de xeito esplícito que se mantiveran abertas estas áreas recreativas en exteriores, incluso sendo preciso que haxa persoal para controlar o aforo. “Trátase dunha medida excepcional para levar a cabo de xeito inmediato, permitindo evitar así as aglomeracións nos macro parques” engade o voceiro.

Rubén Pérez sinala ademais que “o modelo dos macro parques, xa con independencia do momento que vivimos é un modelo que non defendemos, por cuestións tan básicas como as que teñen que ver coa seguridade dos nenos e nenas, sendo nestes parques máis complicado para os pais poder velos/as correctamente”. En lugar de facer estes macro parques, trataríase de facer máis parques en distintas zonas. “En momentos como o que estamos a vivir coa pandemia e a situación sanitaria, xustifícase aínda máis a posición da Marea de Vigo ao respecto” incide o voceiro.

“Sabemos que o Concello non pretende emendar esta política de grandes parques cuxo custo en mantemento é moi alto, mesmo está a proxectar un novo na rúa Coruña, mais o que pedimos hoxe é que se abran todos os parques infantís e áreas biosaudables, mantendo unha política seria de desinfección permanente e varias veces ao día, e se contrate ao persoal necesario tanto para isto como para controlar os aforos. É algo que consideramos se debe facer mentres non estea a vacina xeralizada e polo tanto, desapareza o virus” enfatiza Rubén Pérez.

Comentarios