Ecoloxistas en Acción Vigo demandan máis verde é menos asfalto en Vigo

|


  • Ecoloxistas en Acción Vigo apoia a revindicación da veciñanza de Fátima para que o seu barrio dispoña dunha zona verde. A organización ecoloxista considera que debería priorizarse a dotación dunha área de esparecemento axardinada na parcela entre as rúas Navarra e Párroco José Otero en vez da construcción dun párking.
  • Vigo ten moitas zonas baldías producto dun crecemento urbanístico sen un proxecto claro de cidade. A falta de planificación a longo prazo deixou abundantes parcelas sen urbanizar no interior da cidade. No barrio de Fátima, entre as rúas Navarra e Párroco José Otero existe un solar deste tipo.



O 15 de decembro de 2020, a Xerencia de Urbanismo concedeu a Parkingal S.L. licencia de obras para implantar un aparcamento provisional de 5.000 m2 con capacidade para 200 coches. O importe de execución da obra alcanza os 70.593 euros. O terreo sobre o que se construirá o aparcamento está no ámbito do PERI IV-03 Vía Norte-Travesía de Vigo, aínda sen desenvolver. 


Ecoloxistas en Acción Vigo manifesta o seu apoio as reivindicacións da veciñanza de Fátima. O barrio demanda que se aproveite este espazo para a realización dunha zona verde. O barrio de Fátima carece de zonas verdes, como boa parte dos barrios do centro, sendo as máis cercanas o Parque do Castro e o Parque de Castrelos, alonxadas ambas.

Para a organización ecoloxista esta proposta sería unha boa oportunidade para acondicionar un espazo con árbores e zonas de esparcemento que ampliaría o cativo parque infantil aledaño e que teria fácil conexión coa Vía Verde que pasa ao seu carón. Isto dotaría dun pulmón verde ao barrio co que contrarrestar as emisións de CO2.

Ademais, Ecoloxistas en Acción sinala que a construcción do parking pode supoñer un efecto chamada para os coches.unido ao que vai xerar o Centro Comercial Vialia na estación de Urzaiz. A organización ecoloxista denuncia que en vez de liberar espazos para peóns e bicicletas, de pacificar o tráfico é de apostar polo transporte público estase fomentando o uso do coche privado, incrementando o tráfico e a contaminación nunha cidade que xa é un continuo caos circulatorio.

Ecoloxistas en Acción propón que no novo PXOM se inclua a reorientación deste espazo urbano cun novo uso de lecer natural diferente ao de aparcamento ou residencial. Deste xeito non desaproveitar a oportunidade que para a consecución dun novo modelo de cidade, máis ecolóxica, máis amable co peon e o ciclista, e que teña na biodiversidade un dos seus pilares fundamentais.

Ecoloxistas en Acción presentou no ano 2020 no concello a súa proposta de Bosque Urbano. Unha iniciativa que aposta polas áreas verdes en parques e rúas de tal xeito que cada barrio teña como mínimo un área de referencia deste tipo cun nivel de superficie axeitado, especialmente nos deficitarios nelas. Os espazos verdes urbáns son a única oportunidade diaria de contacto dos cidadáns coa natureza, aportando beneficios como a mellora da calidade do aire, a disposición de lugares para o paseo saudable, a absorción de CO2 por parte das árbores, que nos axudan na loita fronte a emerxencia climática, aportando en suma, calidade de vida.

Desde a organización ecoloxistas lembran que non se pode deixar que o asfalto e cemento gañen máis terreo ao verde. Reclaman que deben aproveitarse as zonas baleiras entre rúas para parques e xardíns. É sinalan que por iso apoian completamente a reivindicación da veciñanza de Fátima para que o Concello dote ao seu barrio dun Espazo Verde nesa parcela.


Thumbnail ATT00007



Comentarios