Marea de Vigo lembra que os convenios con entidades e con persoas físicas para eventos son decisións políticas e recrimina ao alcalde o non asumir a súa decisión con respecto a o Marisquiño.

|

  • Marea de Vigo está disposta a poñer na mesa dúcias de convenios con entidades e eventos de todo tipo que pese a mermar a súa actividade no 2020 e 2021 seguirán ingresando os mesmos importes, mesmo modificando substancialmente o alcalce dos eventos programados. “Bo exemplo disto é o ingreso prácticamente idéntico que a promotora do Mar de Vigo ten recibido do Concello pola actividade do ano pasado” sinala Rubén Pérez.


O voceiro do Grupo municipal, Rubén Pérez, cualifica de “puro delirio” que o alcalde atribua a unha decisión do Interventor Municipal a non repetición do convenio de O Marisquiño e pedirá un informe vinculante “que equipare entón esta decisión ás dúcias de convenios sen libre concurrencia que se asinan no Concello, dende corais, ate determinadas AAVV, programación do Auditorio Mar de Vigo, etc” xa que, segundo Rubén Pérez, “é bastante indecente que se queira culpabilizar á dirección do único evento que enchía Vigo, tanto a nivel de prazas hoteleiras como a retorno económico para a hostalería e o comercio local”.

Para evitar esta arbitrariedade, Marea de Vigo propuxera en numerosas ocasións a aprobación dunha Ordenanza Municipal Xeral Reguladora da concesión de subvencións públicas, que regulara en réxime de concurrencia as propostas de eventos e actividades subvencionables con recursos públicos en base a criterios obxectivos e cuantificables como son o retorno económico á cidade, ocupación hoteleira, público asistente, criterios de promoción cultural e participación cidadá, etc..., “ordenanza que teñen todas as cidades civilizadas do mundo” matiza o voceiro.

“Deste xeito – detalla Pérez - teríase un marco equitativo para a regulación da concesión de axudas ou subvencións por parte do Concello de Vigo ao movemento veciñal do municipio e asociacións ou entidades sen ánimo de lucro para o fomento de iniciativas e actividades de utilidade pública ou interese social que complementen ou suplan as competencias municipais nas súas distintas áreas. Entendendo por subvención toda disposición dineraria do Concello de Vigo realizada tanto con carácter anual como de forma puntual, a favor de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen ánimo de lucro, sen contraprestación directa dos/as beneficiarios / as, destinada a fomentar unha actividade de utilidade pública ou de interese social ou para promover a consecución dun fin público, con cumprimento dos obxectivos sinalados e das condicións establecidas”.

Marea de Vigo considera que non ter recoñecido a dimensión de O Marisquino a efectos de aportación pública e retorno da mesma “é un erro no que incurriron neste ano todas as administracións públicas, especialmente o ano no que algunhas disciplinas deportivas eran puntuables para a participación olímpica, algo inaudito nas últimas décadas” apunta o concelleiro. “Claro que estabamos ante unha edición marcada pola COVID-19 – incide - pero é exactamente igual que a situación para bandas de música, corais, ou concertos no Mar de Vigo, que parecen non ter a mesma consideración que un verdadeiro evento internacional e mundializado como é o Marisquiño

Comentarios