Fernández-Tapias supervisa as obras dos IES a guía e Castelao nas que a Xunta está a investir preto de 500.000 euros

|


  • A delegada territorial da Xunta en Vigo sinala que o Goberno galego ten en execución nos centros escolares da cidade obras por máis de 2 millóns de euros
  • Destaca os importantes traballos de mellora que se están a acometer en varios institutos vigueses, como é o caso do IES Santa Irene cunha rehabilitación integral

20210309IESCastelaoPavillon




A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, supervisou hoxe as obras que a Xunta está a acometer no IES A Guía e IES Castelao cun investimento de preto de 500.000 euros. Segundo dixo, nestes intres a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten en execución nos centros da cidade obras por un valor superior aos 2 millóns de euros.

Acompañada polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, César Pérez Ares, a representante do Executivo autonómico detallou que no caso do IES A Guía os traballos están xa rematados e que unicamente queda recepcionar a obra. En canto ao IES Castelao, indicou que a empresa dará por finalizada a intervención no mes de abril.

En ambos os dous casos, segundo informou, actuouse sobre as instalacións destinadas ao pavillón polideportivo, que no IES A Guía está emprazado nunha parcela anexa. Así, co obxectivo de contribuír a un maior aforro enerxético, substituíronse sendas cubertas e mellorouse o illamento térmico. Instaláronse novos vidros cunha perfilaría de maior selado e cambiouse a iluminación por unha tipo led.

Fernández-Tapias aproveitou a visita para recordar que a Xunta de Galicia está a acometer importantes obras no conxunto dos centros escolares de Vigo. Así, sumou ás devanditas do IES de A Guía (240.777 euros) e o IES Castelao (241.121 euros), a intervención no IES Beade (236.225 euros) e a rehabilitación integral do IES Santa Irene, neste último caso por un importe total que ascende a 1.265.487,82 euros.


Comentarios