Ecoloxistas en Acción denuncian podas salvaxes no cemiterio de Pereiró

|


  • Ecoloxistas en Acción e Bosques sen Fronteiras denuncian as drásticas podas realizadas no cemiterio de Pereiró. Nove exemplares de Tilos que rodean a capela do cemiterio foron mutilados sen motivo aparente.
  • Ambas organizacións fan un chamamento ao Concello de Vigo para que non se volvan a repetir estos desmochados e que as podas sexan realizadas sempre por técnicos cualificados en arboricultura.


Os tilos mutilados no cemiterio de Pereiró pertencen a unha especie que desenvolve de xeito natural unha gran copa que aporta unha frondosa sombra. Esta especie cotribúe con númerosos beneficios ecosistémicos aos ciudadáns.sendo preciso respectar a súa estrutura natural para poder seguir disfrutando  deles.


Sinalan que as árbores no necesitan  ser  podados a menos que haxa un motivo xustificado.  As podas drásticas  nas que  se  elimina todo a ramaxe máis  xove crean brotacións  desequilibradas  con  ramas  moi novas sobre madeira máis vella.  Debido a isto, os puntos de inserción son máis febles e poden presentar problemas futuros de risco de desprendemento da ramaxe así como as  ramas novas vaian adquirindo maior  peso.  A  diferencia do que se acostuma pensar as podas non  rexuvenecen a árbore senón que a estresan e producen un grave dano á estrutura prexudicando a saúde do arborado.

Ecoloxistas en Acción e Bosques sen Fronteiras indican que as podas drásticas producen unhna sobreabundancia de crecemento anormalmente rápido, signo de que a árbore está sufrindo  un  trauma e reacciona medrando dun xeito antinatural  nun  intento desesperado de reemplazar a follaxe que perdeu a causa duna poda excesivamente severa.

Sinalan, ademais, que con este tipo de podas se aumenta a posibilidade de infeción por fungos no interior da árbore. Isto pode conlevar o avance do apodrecemento e a enfermidade de maneira rápida. A reducción drástica da copa da árbore, denominada desmoche ou terciado, só debe considerarse  como o derradeiro recurso ou como unha medida provisional previa a eliminación completa da árbore cando está non pode salvarse


ATT00007



 

Comentarios