A A.V. DE TEIS, DEMANDA AMPLIAR OS TERREOS MUNICIPAIS E A PLANTACIÓN DE ARBORES AUTÓCTONAS, NOS TERREOS DA TALA DO MONTE DA GUÍA.

|

A Asociación Veciñal de Teis, na véspera da celebración este domingo 21 de marzo, día internacional das arbores, demanda do goberno municipal de Vigo, ampliar os terreos de propiedade municipal e realizar unha plantación de arbores autóctonas no monte da Guía. 

Desde o pasado mes de decembro até este mes de marzo, o Concello de Vigo, encargou a unha empresa a tala de arbores na súa maioría eucaliptos e acacias, no entorno da baixada ao club de remo, en terreos municipais e privados.

O pasado 5 de xaneiro está Asociación dirixiuse por correo electrónico e logo polo rexistro a Concellaría de Parques e Xardíns, solicitando información sobre cal era os motivos desta tala, a necesidade de realizar unha plantación de arbores autóctonas nestes terreos e que o Concello mercara os terreos privados onde se realizou está tala.

A plantación de arbores autóctonas ( carballos, castiñeiros, bidueiros, sobreiras,...) evitaría que en poucos anos nestes terreos esten ocupados novamente por eucaliptos e acacias, arbores invasoras e así poder cunha nova masa forestal no monte da Guía.

Que o Concello de Vigo, mercara os terreos privados onde se realizou a tala, ao estar abandonados, isto suporía ao estar no entorno da praia da Punta e do paseo do borde do litoral, aumentar o espazos de lecer e esparcemento na praia da Punta e no monte da Guía.

É necesario que o goberno municipal realice unha política real de mellorar as zonas verdes na cidade e aumentar os espazos con arbores, inexistente nestes anos de goberno de Abel Caballero.

Non chega con anuncios e con fotos, que son  unicamente propaganda, como a plantación de hoxe en Samil. Mentres as zonas verdes da cidade, están abandonadas e se realizan talas sen planificación.


Foto tala monte da Guia



Comentarios