Marta Fernández-Tapias supervisa el final de las obras de acceso al hospital vigués del Meixoeiro, que incorpora un nuevo viario en el recinto

|

  • A delegada territorial da Xunta remarca que con esta intervención favorécese a mobilidade dos pacientes e do persoal sanitario que se achegan a este centro
  • Recorda que o Goberno galego vén de mellorar os accesos do Nicolás Peña, dúas actuacións que en conxunto suman unha inversión de 700.000 euros

20210324AccesosMeixoeiro



A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o hospital Meixoeiro para supervisar o remate das obras no acceso a este centro sanitario que incorpora un novo viario para facilitar as comunicacións dentro do propio recinto. Un novo treito que, tal e como indicou facilita a subministración ao propio hospital, evitando que os vehículos que traen o material necesario teñan que saír marcha atrás ou por dirección prohibida.

Durante a visita, na que estivo acompañada polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Diaz, Fernández-Tapias recordou que esta intervención súmase á mellora dos accesos no Nicolás Peña, dúas actuacións que que en conxunto suman unha inversión de 700.000 euros. Asemade, tamén se actuou nos accesos e optimización da sinalización do antigo hospital do Rebullón, cun investimento de preto de 50.000 euros.

En canto ao detalle dos traballos, sinalou que se actuou nos viarios interiores coa renovación do firme, a mellora das beirarrúas e a reordenación de espazos nas entradas a estes dous centros hospitalarios. Ademais, habilitáronse 23 pasos de peóns.

Fernández-Tapias enmarcou estas actuacións nos proxectos de mellora que está a levar a cabo o Executivo autonómico nas contornas dos principais centros hospitalarios públicos

Comentarios