El Sergas realizará otra vacunación masiva en el IFEV

|

  • Desde mañá e ata o domingo vanse citar a 28.500 persoas da Área Sanitaria de Vigo
  • Serán citados os grupos de entre 60 -65 anos, e o de 75-79 anos
  • De xeito xeral, a Área de Vigo rematou a primeira dose da vacinación aos maiores de 80 anos, e neste momento estase repescando a aqueles que por algunha circunstancia non foron vacinados no seu momento


O Servizo Galego de Saúde realizará outra vacinación masiva no IFEVI (Instituto Ferial de Vigo). Así, a partires de mañá, martes dia 6, e ata o próximo domingo11, vanse citar a 28.500 persoas da Área Sanitaria de Vigo para administrarlles a primeira dose da vacina.

Na tarde de mañá, e durante todo o dia do mércores, vacinaranse a 11.500 persoas de entre 60 e 65 anos; mentres que aos días seguintes, de xoves a domingo, vaise inocular a 17.500 persoas do grupo de idade de entre 75 e 79 anos.

Ata o IFEVI achegarase un equipo formado por case 60 profesionais sanitarios- enfermaría, TCAES, e celadores – que realizarán esta acción sanitaria.

A poboación diana, a comprendida nesa franxa de idade e a partir dos apelidos que empecen pola letra H, será citada a través dun SMS en su teléfono móbil; e posteriormente recibirán unha chamada telefónica para confirmar que acudirán á cita.

Unha vez recibidas as vacinas, a Consellería de Sanidade decidiu acometer este proceso de vacinación masiva no IFEVI, xa que esta estrutura permite unha maior capacidade e eficiencia.

Fin da primeira dose aos maiores de 80

De xeito xeral, a Área de Vigo rematou hoxe a primeira dose de vacinación aos maiores de 80 anos, e neste momento estase “repescando” a aqueles que por algunha circunstancia non foron vacinados no seu momento.

Ademais, tamén iniciouse a vacinación en domicilios ás persoas con alto grao de dependencia. No día de hoxe os equipos de enfermaría de atención primaria achegáronse aos domicilios de un cento de persoas dos concellos de Cangas, Moaña, Val Miñor, Ponteares, Tui e comarca de Val Miñor.

Comentarios