La A.V. de Teis, denuncia que la vía verde, está paralizada desde hace mas de un año y medio.

|

A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar publicamente que desde hai máis de ano e medio ( 20 meses), que se paralizaron as obras do proxecto da Vía Verde, e a día de hoxe non temos unha nova data para o comezo destas obras, polo que acabaremos 2021 con este proxecto sen executar.

No mes de xaneiro do 2020 produciuse a renuncia da empresa adxudicataria do proxecto da Vía Verde, incluía a finalización das obras en agosto de 2019.

As obras do proxecto da Vía Verde comezaron o 14 de febreiro de 2019 e anunciábase que a obra estaría rematada nun prazo máximo de seis meses, a realidade que só se executou un tramo de 400 metros inaugurado a comezos de agosto de 2019.

A paralización do proxecto da Vía Verde, é un caso claro de incapacidade de xestión deste goberno municipal. Cal é o problema para que está obra, non se este executando logo de 20 meses parada?. Está paralización favorece que estes terreos esten cubertos de vexetación e de lixo.   

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Concellaría de Fomento, en varias ocasións ao longo destes anos, solicitando a mellora do proxecto, nos seguintes aspectos:

  •  A ampliación do paso inferior da Xorxa, ao ser moi estreito, o que permitiría mellorar os aceso e o paso de vehículos.
  •  A reparación do paso elevado sobre a vía que comunica co camiño da Trapa.
  •  Que lindeiro coa vía hai un terreo na avenida de Galiza,a altura dos números 212-216, que nos planos do proxecto observamos que vaise acondicionar con xabre. Propoñemos que sexa unha area de descanso. Ademais que se manteña o aceso actual a vía desde a avenida de Galiza nese punto, o que permite comunicar a avenida de Galiza co camiño da Ferreira.
  •  Que se realice un aceso peonil que permita a través da Vía Verde comunicar a rúa párroco Don Serafín e a avenida de Galiza, a altura do peto das Animas.
  •  Construír no tramo final a altura do viaduto das Catro Pontes, un aceso a vía desde a avenida de Galiza, a altura do número 304, o permitiría comunicar a vía co lavadoiro da avenida de Galiza e co río Pugariño.

A realización da Vía Verde é unha oportunidade para mellorar os acesos nos camiños da Xorxa, ampliando o pasos inferiores desta vía, que é moi estreito.

Estas propostas da Asociación Veciñal de Teis, permitirían mellorar os acesos en varios lugares e por en valor o patrimonio natural e etnográfico do río Pugariño.

Por último, esiximos do goberno municipal, que se elabore un calendario real coa execución deste proxecto neste ano e que se mellore o proxecto coas achegas veciñais.



Thumbnail IMG 20210411 130333


Comentarios