La Xunta firma el contrato de las obras de ampliación del IFEVI, que comenzarán a finales de abril y supondrán una inversión de 6,7 m€

|

  • Os traballos permitirán dispoñer dunha nova ampliación de 5000 metros cadrados para incrementar a competitividade das instalacións e consolidar a celebración de eventos de referencia a nivel europeo e internacional
  • O Ifevi xa se ampliara en 2018, cun investimento de 4M€, polo que con esta nova actuación a Administración autonómica segue amosando o seu compromiso con Vigo e co seu recinto feiral


A Xunta de Galicia vén de asinar o contrato para a nova ampliación en 5000 metros cadrados no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), cuxas obras prevé comezar a finais de abril e suporán un investimento de 6,73 millóns de euros.

A Administración autonómica asinou o contrato co representante da adxudicataria, a unión temporal de empresas Obrascón Huarte Lain - Construcciones Taboada y Ramos. As obras, que se realizarán mediante un convenio de colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Axencia Galega de Infraestruturas –dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade–, consisten na ampliación da zona traseira do pavillón 3. En concreto, prevese unha nova superficie construída de 6.572,80 m2, dos que 5.536,05 m2 se corresponden coa ampliación e 1.036,75 m2 coa reforma do edificio existente.

Con esta iniciativa, a Xunta amosa unha vez máis o seu compromiso coa cidade de Vigo e co recinto feiral, pois permitirá incrementar a competitividade das instalacións e consolidar a celebración de eventos de referencia a nivel europeo e internacional como Conxemar, Navalia e Mindtech.

A tramitación do proxecto, aprobado o pasado 26 de novembro polo Consello da Xunta, realizouse mediante o procedemento recollido na Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, unha vez recompilados os informes favorables tanto do Concello de Vigo como dos diferentes órganos sectoriais –tras oito meses de espera, o Estado entregou os últimos informes pendentes en outubro–. O 18 de decembro do ano pasado, o Concello de Vigo certificou a dispoñibilidade dos terreos, un requisito previo indispensable para poder, a continuación, licitar as obras. Once días despois –o 29 de decembro–, o Consello da Xunta xa autorizou a contratación das obras do Ifevi.

Cómpre lembrar que esta ampliación súmase á xa realizada en 2018, na que a Administración autonómica investiu máis de 4 millóns de euros. En total, desde 2005, a Xunta de Galicia leva investidos neste recinto feiral de referencia máis de 15 millóns de euros, aos que se suma agora o novo investimento para este proxecto de ampliación.

Sin tu00edtulo



Comentarios