Marea de Vigo exige responsabilidades políticas al Ayuntamiento y en especial a la concejala de Juventud por la nefasta gestión del concurso de las ludotecas.

|


  • A irresponsabilidade de non ter feito a licitación das ludotecas a tempo xerou a apertura dun ERTE inxustificado na concesionaria actual.
  • Rubén Pérez: “O que está sucedendo coa concesion municipal do servizo de Dinamización infantil só é froito dunha neglixencia da Concellería de Xuventude e do Goberno local por non ter licitado a tempo. As supostas obras nos espazos onde se daba o servizo nin están licitadas nin se coñece orzamento para as mesmas, son só a escusa para esconder unha falta de xestión evidente”.



Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, esixe responsabilidades políticas tanto ao Goberno local como á Concellería de Xuventude, a cargo da concelleira Maria del Carmen Lago Barreiro, xa que ambos “sabían perfectamente que o 16 de abril remataba o periodo concesional, e que era necesario rematar a licitación en tempo e forma, garantindo a subrogación do persoal, tal e como marca ademais o convenio colectivo de aplicación”. “Fronte a iso – sinala o voceiro - , a licitacion vai tarde, faltando a clasificación económica e co inicio dun ERTE enriba da mesa das traballadoras”.

Máis grave se cabe, para Marea de Vigo, é a falta de resposta por parte da Concelleira e do mesmo Goberno local “a pesar das reiteradas demandas de información feitas por este Grupo municipal para conseguir aclarar cal é o motivo polo que non se fixeron os trámites da licitación como é debido e a tempo” incide Pérez.

O pasado día 16 de abril, a Concellería transmitiu ás familias, e supostamente á empresa concesionaria saínte, Clece, que o servizo pechábase ata maio (data indeterminada) por unhas obras que debían facerse no pavillón de Coia e na Casa da Xuventude, “casualmente, e de xeito simultáneo en ambas ubicacións nas que hai ludotecas” matiza Rubén Pérez.

Foi no pasado mes de decembro e xaneiro cando, a raíz dunhas inundacións, o servizo da Casa da Xuventude estivo reubicado no pavillón de Romil, “e non entendemos porque agora, se son tan necesarias e inminentes as obras en ambos sitios non se pode dar unha solución temporal similar, quizais sexa porque ese non é o motivo real da suspensión do servizo” critica Rubén Pérez.

Con respecto ao ERTE sobre o que foron informadas no día de hoxe as traballadoras do servizos, Marea de Vigo cualifícao de “ilegal” xa que “incumple os criterios que rexen nunha concesión pública”, sendo a realidade que “o concello debe garantir que se manteña o emprego por parte da empresa saínte” aclara o voceiro. “Mais tamén debe aclarar porque non permite alongar o servizo coa mesma Clece mentres non estea rematada a licitación” engade.


“O único certo aquí é que as traballadoras recibiron hoxe a notificación da apertura dun ERTE e que todo isto amosa que temos un Goberno local ao que lle importan ben pouco os servizos públicos e os dereitos laborais do persoal das concesionarias, nun servizo neste caso, que permite conciliar a ducias de familias viguesas e forma parte do catálogo de servizos esenciais dun concello” conclúe o voceiro municipal.


Comentarios