Las ANPAS de Teis y diversas organizaciones "AAVV, Plan Comunitario, Voces por el Litoral" solicitan información y participación sobre la nueva biblioteca en el barrio

|

ras o anuncio en outubro do ano 2020 por parte do Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, do inicio das obras da biblioteca de Teis e a súa finalización no ano 2022, os colectivos do barrio de Teis abaixo asinantes queren manifestar:

Dende xa fai anos os colectivos de Teis uníronse para esixir unha biblioteca no noso barrio. Foron moitas as solicitudes de reunións e as propostas de colaboración remitidas ao concello de Vigo, así como as reunións cos titulares do Estado coma propietarios do antigo ambulatorio, onde sempre demandamos que se situase a biblioteca.


No 2018 fixemos entrega no concello de máis de 3500 sinaturas con esta demanda. En anos anteriores xa tivemos o apoio de diversos membros da cultura; como o exdirector de Xerais, Manuel Bragado, no artigo que publicou no 2017. Anos antes o propio alcalde na clausura dunha das edicións das Olimpíadas de Teis (organizadas polas ANPAS do barrio) prometeu a inauguración desta instalación nos seguintes anos.


En varias das reunións mantidas expuxemos a biblioteca que o barrio precisa, non unha sala de lectura como coa que finalmente se dotou a Navia, senón unha biblioteca con toda a extensión do significado desta: moderna en instalacións e tamén en filosofía, que inclúa fondo de libros, préstamos, formatos dixitais, apoio as inquietudes culturais do barrio, unha ludoteca que dea alternativas ao ocio das máis cativas. ... Sempre estivemos dispostos á colaboración co Concello neste senso, e os responsables municipais na última das reunións mantidas comprometéronse a facernos participes deste proxecto, a manternos informados.


No 2020 fixemos a última solicitude de reunión cos responsables municipais, a data de hoxe non temos reposta.


A noticia publicada nos medios sobre o inmediato comezo das obras semella unha moi boa nova, pero a día de hoxe o barrio segue sen ter información sobre que é o que se vai facer nas instalacións do antigo ambulatorio de Teis.


Por todo isto, os colectivos de Teis abaixo asinantes, vémonos obrigados a acudir ao medios de comunicación para que atenda a nosa solicitude de información pola urxente necesidade de coñecer de primeira man o plan operativo do Concello, xa sexa visitando o noso barrio ou convidándonos el mesmo a unha xuntanza.


Thumbnail image


Comentarios