Fernández-Tapias agradece a los hosteleros de Vigo el compromiso con la señalización del camino, una importante fuente de ingresos para el sector

|

  • A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, lamenta que a negativa do alcalde a sinalizar o Camiño “prive a nosa veciñanza e aos nosos negocios dos beneficios económicos e os valores que supón contar cunha ruta xacobea en Vigo”
  •  Agradece ao sector da hostalería a súa implicación neste Xacobeo, asumindo como propia unha responsabilidade que deixa a Caballero “claramente en evidencia”
  •  “É un despropósito que Vigo sexa a única cidade de Europa que non instale as sinais oficiais, e que o Camiño e o Xacobeo sexan motivo de confrontación”, di









A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, agradeceu hoxe o compromiso dos hostaleiros como embaixadores do Camiño Portugués da Costa na cidade de Vigo, asumindo como propia unha responsabilidade que deixa “claramente en evidencia” ao alcalde Abel Caballero.

Durante unha visita a varios dos locais do sector da hostalería que xa exhiben os vinilos coa cuncha do peregrino e coa frecha do Camiño facilitados pola Xunta, a delegada agradeceulles a súa implicación neste Xacobeo 21-22. Segundo dixo, ante a negativa de Abel Caballero a instalar a sinalización homologada da ruta no tramo que pasa por Vigo, “tíñamos que actuar”. “É un despropósito que Vigo sexa a única cidade de Europa que non ten instalada as sinais oficiais, e que o Camiño e o Xacobeo sexan outro motivo de confrontación para o alcalde ”, agregou.

“Non é lóxico que Caballero prive aos peregrinos de contar coa información que precisan e a nosa veciñanza e negocios de sectores como a hostalería dos incentivos económicos que supón para a cidade contar cun tramo dunha ruta xacobea oficial”, incidiu. Así, tras sinalar que a iniciativa está a ter moi boa acollida e que cada vez son máis os locais que piden adherirse ao convenio firmado coa Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra, insistiu en que xa non é a Xunta, senón a cidade a que lle está a reclamar que “o Camiño é un símbolo e un beneficio para todos”.

“Era un paso que tíñamos que dar, pois supón unha fonte importantísima de ingresos hostaleiros e comerciantes despois destes meses nos que tan afectados se viron polas consecuencias da pandemia”, subliñou.

Sin constancia da licencia

Preguntada polas declaracións do alcalde sobre a instalación dunha lona no edificio que acollerá o albergue de peregrinos, Fernández-Tapias sinalou que ata o de agora “na Xunta de Galicia no temos constancia da licencia de primeira ocupación da que fala”, ao tempo no que engadiu que no momento no que a recibamos a lona de obra será retirada. Iso si, na súa opinión non é máis que unha escusa de Caballero para desviar a atención do convenio que firmamos o luns co sector da hostalería: “Unha demostración de que non lle gusta quedar en evidencia”.

“Cando se trata de buscar confrontación ao alcalde sírvelle calquera cousa; hoxe é a lona e mañá quen sabe”, ironizou. “Esta en contra de todo, ata da sinalización do Camiño de Santiago e do Xacobeo”, afirmou.

Comentarios