El BNG le recuerda al PP de Vigo qué la Xunta tiene una responsabilidad directa en la situación crítica del naval

|

  • Xabier P. Igrexas: "Se o PP ten interese polo futuro do naval que se dirixa a Feixóo para esixirlle que a Xunta interveña como de maneira reiterada lle pedimos o BNG"


Ao fío dunhas declaracións do portavoz municipal do PP de Vigo, Alfonso Marnotes, sobre o futuro do estaleiro Barreras, o Bloque Nacionalista Galego recordoulle que a Xunta ten unha "responsabilidade directa" na situación crítica que atravesa o conxunto do sector naval de Vigo.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, cualificou de "vergoñento e de cinismo de record guiness" que o Partido Popular de Vigo exprese agora a súa preocupación polas graves dificultades que atravesa Barreras. "É o mesmo PP que patrocinou os fiascos de Pemex ou de Ritz Carlton en Barreras, o que se afana por facer desaparecer a antiga Vulcano, o que dixo non reiteradamente a todas as propostas do BNG para intervir e blindar o futuro no sector, ou o que deixa en papel mollado a lei do sector naval por total inacción", enumerou.

Igrexas afeou con dureza que os populares fagan declaracións en lugar de exercer as súas funcións de goberno na Xunta, sinalando que o Goberno galego ten plenas competencias en política industrial. "Hai poucas semanas o BNG demandamos unha intervención pública directa que dotase a ría de Vigo dun estaleiro público ou semipúblico, para garantir o futuro de Barreras e da antiga Vulcano, e o Partido Popular votou, xunto co PSOE, en contra", reprochou.

Neste sentido, o portavoz municipal nacionalista instou a Marnotes a se dirixir directamente aos seus superiores orgánicos. "Se o PP de Vigo quere de verdade solucións para o naval que llas esixa ao conselleiro Francisco Conde ou ao propio Alberto Núñez Feixóo, que son os responsábeis desta devalar que ameaza con facer desaparecer un sector estratéxico, e que lles pida que cesen na súa política industrial suicida na que parecen querer converter Galiza nun campo de monocultivo do Xacobeo”.

A fronte nacionalista apunta tamén que ten sido constante na reclamación dun maior compromiso tamén por parte do Goberno español, a través da acción "enérxica e continuada" do deputado Néstor Rego no Congreso. "É claro que a actitude de Madrid sería outra se a Xunta en lugar de ollar para outro lado e ficar de brazos caídos, tivese actuado con decisión, exercendo as súa competencias para asegurar o futuro do sector", remachou Igrexas.

Comentarios