El área sanitario de Vigo celebra el día internacional de la enfermería

|

  • A Asociación ADROVI homenaxeou hoxe a este colectivo, polo seu compromiso profesional e humano durante a pandemia, na que amosou un forte liderado na xestión da mesma
  • Gardouse 1 minuto de silencio en recordo dos sanitarios falecidos a causa da Covid19
  • Para dar resposta á pandemia reforzouse o persoal de enfermaría con 300 efectivos máis; e hoxe en día o 45% dos profesionais sanitarios da área viguesa son profesionais da enfermaría


Con motivo da celebración do Día Internacional da Enfermería, a Asociación ADROVI rendeulle unha homenaxe a este colectivo, que amosou un forte liderado na xestión da pandemia sanitaria e un gran compromiso profesional e humano. Segundo expresou o seu presidente, Celso García “nestes tempos púxose en valor máis que nunca a importancia dos que coidan e o seu papel esencial na sociedade de benestar.”

Antes de iniciar a homenaxe, o xerente solicitou sumarse á convocatoria do Consejo General de Enfermería e gardar1 minuto de silencio en recordo dos sanitarios falecidos a causa da Covid19.

Posteriormente, a supervisora de área, Rosa Morais, e a directora de Enfermaría da Área Sanitaria, Pilar Reza, agradeceron esta homenaxe en nome das enfermeiras e enfermeiros dos centros da sanidade pública viguesa “xa que a enfermaría ten demostrado o seu relevante papel en situacións de adversidade, a súa profesionalidade e humanidade, colocándose en primeira liña, con paso firme e o obxectivo de frear a expansión do virus”.

Asimesmo Pilara Reza destacou tamén o labor investigadora da enfermaría, xa que durante a pandemia “ademais de realizar as competencias intrínsecas a esta disciplina, coidando, previndo, e dando atención biopsicosocial, tamén desenvolveron unha importante labor na investigación e na busca de fórmulas innovadoras para a xestión dos coidados, procurando sempre o ben maior, que é a saúde da poboación”.

Antes da pandemia, a Área Sanitaria de Vigo contaba con 1.600 profesionais da enfermaría. Para dar resposta á nova situación sanitaria, reforzouse este persoal con 300 efectivos máis; polo que hoxe en día o 45% dos profesionais sanitarios da área viguesa son enfermeiras e enfermeiros.


Thumbnail enfermeria



Comentarios