La Xunta y la fundación Traslatio se alían para la promoción internacional del Xacobeo a través de la ruta Iacobus Maris 2022

|

  • A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente da Fundación Traslatio, Mario Cardama, firmaron hoxe un convenio polo que o Goberno autonómico apoia a cita que se celebrará o próximo ano
  •  O proxecto recreará con grandes veleiros a ruta dos discípulos do Apóstolo Santiago que trouxeron os seus restos desde Jaffa a Galicia


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, firmou hoxe co presidente da Fundación Traslatio, Mario Cardama, o convenio de colaboración que ratifica o compromiso do Executivo autonómico coa celebración da Ruta Iacobus Maris 2022. Un proxecto xurdido ao abeiro da “Ruta Marítima do Cabaleiro das Cunchas”, promovida neste caso pola Asociación de Amigos da Ruta Marítima e que anualmente impulsa unha ruta de navegación unindo Portugal e Galicia.

A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, destina 96.800 euros a cita que se celebrará o próximo ano e que suporá unha réplica da ruta xacobea primixenia, que vai desde Jaffa ata Galicia, a peregrinación marítima máis larga da historia: 3.400 millas, atravesando catro países (Israel, Italia, Portugal e España). Deste modo, durante catro semanas, entre os meses de xuño e xullo do vindeiro ano, grandes veleiros recrearán o traxecto que realizaron os discípulos do Apóstolo Santiago que trouxeron os seus restos desde Palestina a Compostela. Ademais, durante a celebración da peregrinación impartiranse cursos de biodiversidade, navegación ou astronomía, en colaboración co grupo Compostela Universidades, entre aqueles estudiantes que participen na “Iacobus Maris”.

Unha edición que ía celebrarse neste 2021 pero que mor da covid-19 tivo que ser aprazada. Neste sentido a delegada territorial puxo en valor a oportunidade que supón este dobre Ano Santo para a reactivación económica, cultural e turística. Neste sentido, Fernández-Tapias amosou o seu convencemento de que “o esforzo de hoxe traducirase nunha garantía de futuro, para que os eventos que hoxe creemos impensables debido a situación sanitaria se tornen realizables”.

Nun ano especialmente significativo para o turismo galego, coa celebración do Xacobeo e a aposta da Comunidade como destino seguro e de calidade, salientou a contribución deste evento á proxección da imaxe e marca de Galicia cara o mundo e a

promoción e divulgación internacional do Xacobeo e da cultura xacobea. Unha experiencia cultural única, que ofrece a oportunidade de coñecer cidades cargadas de historia, como Jaffa, Xénova, Oporto, Valencia, Sevilla, Vigo e Compostela, ao tempo que, dixo, “ponse en valor as rutas e a peregrinación ao Camiño de Santiago como o noso recurso estrela

Thumbnail 20210514FirmaIacobusMaris2



Comentarios