El BNG de Vigo celebra el apoyo unánime a su moción contra los peajes en las autovías

|

  • Xabier P. Igrexas: "O Pleno enviou en nome da cidade unha mensaxe rotunda e clara: hai que acabar coas peaxes, non multiplicalas. O Goberno español de PSOE e Unidas Podemos ten que tomar nota e rectificar"
  • A iniciativa tamén reclamaba que a Xunta avance na supresión das peaxes nas estradas da súa titularidade, como son a AG55 e AG57.







O Bloque Nacionalista Galego valorizou como un "feito moi positivo" a aprobación por unanimidade, no Pleno do Concello de Vigo decorrido esta mañá, da moción promovida pola fronte nacionalista para rexeitar a pretensión do Goberno español de impoñer novas peaxes nas autovías.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, asegurou que o acordo adoptado supón unha "mensaxe rotunda, clara e firme" en contra dunha medida que considerou "inxusta, antisocial, con efectos moi prexudiciais para o tecido económico e especialmente lesiva para Galiza polas particularidades territoriais e poboacionais do noso País". Aliás, Igrexas, denunciou que esa pretensión "non ten nada, absolutamente, nada de verde". "Só ten un afán recadatorio, porque apostar de vez por unha mobilidade sustentábel pasa por reforzar as alternativas ao uso do vehículo privado, non por facer repagar por utilizar as autovías".

Igrexas considera que a votación unánime, incluíndo o apoio do grupo municipal socialista, recolle un "clamor case unánime a nivel social". "As viguesas e vigueses estamos fartos da estafa diaria das peaxes da AP9. O que hai que facer coas peaxes é acabar con elas, non multiplicalas", afirmou.

O portavoz municipal nacionalista instou o Goberno español de PSOE e Unidas Podemos a "tomar boa nota e rectificar" retirando de maneira definitiva a pretensión do ministerio de Transportes de aplicar unha medida que xa foi tencionada polo Partido Popular en 2012.

A iniciativa tamén reclamaba que a Xunta avance na supresión das peaxes nas estradas da súa titularidade, como son a AG55 e AG57. Este punto foi aprobado co apoio de todos os grupos agás do Partido Popular, que volveu insistir en "axiren como subdelegación da Xunta no Pleno", reprochou Igrexas.

Comentarios