Marea de Vigo urge la aplicación de medidas de prevención y control sobre la proliferación de las apuestas on- line y casas de apuestas ante lo aumento de la ludopatía en nuestra ciudad.

|

  • Rubén Pérez: “Os datos aportados pola Asociación Galega de Xogadores Anónimos, cun aumento dun 20% de ludópatas coa pandemia así como o efecto da ofensiva da Liga de fútbol para tumbar o decreto de publicidade de apostas do Ministerio de Consumo poden cronificar esta lacra na nosa cidade, especialmente entre os mozos e mozas.
  • Marea de Vigo lamenta que o Goberno local non implantase ningunha medida, tras telo aprobado nunha moción da formación municipalista no pasado ano 2019. “Un concello como Vigo “debe e pode prohibir a publicidade destes locais e frear a súa expansión a través das ordenanzas ou as normas urbanísticas, implementar medidas de prevención ante a ludopatía, así como, a nivel fiscal, aumentar o gravame á actividade das casas de apostas e do xogo on-line”






 Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal, critica que dende que Marea de Vigo levara ao Pleno unha moción en febreiro de 2019 “que foi aprobada por unaminidade” engade, “a situación é sensiblemente peor; proliferan os anuncios de casas de apostas deportivas on-line na televisión, radio, prensa escrita, internet e redes sociais sen control”. Marea de Vigo considera “lamentable” e “terriblemente irresponsable” que as propias casas de apostas insiran a súa publicidade en eventos deportivos, e que mesmo cheguen a utilizar estrelas do fútbol para animar aos televidentes a que aposten. “Un sistema de xogo moito máis aditivo, sen pausas, con bonos de balde de entrada, e sobre todo cun inmenso investimento en publicidade, que representa xusto os valores contrarios ás formas máis pausadas e tradicionais de apostar, como a lotaría de Nadal, a quiniela ou os cupóns da ONCE” matiza o voceiro municipal.

Marea de Vigo coincide na lectura que a asociación AGAJA fai de aumento de adiccións ao xogo durante os meses de pandemia. “Dende o local tamén se poden realizar accións para combatir esta situación - explica Rubén Pérez - . Na nosa cidade tamén vimos observando un aumento das casas de xogo nos últimos anos, nas que tamén se usan as modalidades de apostas on-line, e incluso atopámonos con este tipo de “máquinas” mesmo nos bares e restaurantes”.

Pérez lembra ademais que o Pleno do Concello de Vigo instou en febreiro de 2019 ao Goberno local a estudar a revisión das ordenanzas, limitar a publicidade e mesmo á introdución no novo PXOM de limitacións urbanísticas á implantación de locais de apostas nas inmediacións de espazos frecuentados pola infancia e a mocidade, como os centros educativos, culturais, deportivos ou xuvenís.

“É preciso a implementación inmediata de campañas e actividades divulgativas nos centros escolares, en colaboración coas asociacións de xogadores/as de azar rehabilitados, para profundar no uso que fai a mocidade dos xogos on-line e de apostas e nos posibles problemas derivados deste uso como alternativa de ocio xuvenil, cara a poñer en marcha modelos de lecer para romper esta tendencia, así como programas de formación para a Policía Local de modo que se familiarizaran coas infracións máis habituais relacionadas coas apostas e o xogo, particularmente no acceso de menores de idade, persoas incapacitadas legais e persoas co acceso ao xogo legalmente restrinxido”.

Comentarios