La Xunta entrega a la UVIGO el edificio Redeiras, cuya rehabilitación ejemplifica el compromiso con Vigo y con la universidad y el Casco Vello

|

  • “Seguimos construíndo cidade”, di, lembrando que o Executivo galego conta con 82 inmobles no Casco Vello adquiridos para a súa recuperación










O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a entrega a UVigo do edificio Redeiras no Berbés, tras un investimento de máis de dous millóns de euros na súa rehabilitación, exemplifica o compromiso do Goberno galego coa cidade, coa Universidade e co Casco vello.

Cunha superficie de preto de 1.500 metros cadrados, Feijóo destacou durante a visita ás novas instalacións, a ambición arquitectónica e a aposta pola sostibilidade desta infraestrutura, escollida como unha das 70 finalistas da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo.

Así mesmo, resaltou que esta rehabilitación, forma parte da aposta da Administración Autonómica polo Casco Vello de Vigo. “Seguimos construíndo cidade”, dixo, lembrando que o Executivo galego conta con 82 inmobles adquiridos para a súa recuperación.

“En definitiva, hoxe visibilizamos dous compromisos coa cidade: a aposta pola rehabilitación, mellorando a contorna; e tamén coa universidade”, abundou, incidindo en que o edificio Redeiras é un edificio singular nun emprazamento emblemático.

O titular do Goberno galego concluíu aseverando que a esta obra súmanse outros moitos compromisos, entre os que destacou: a futura estación intermodal; o proxecto da Cidade da Xustiza; os avances no complexo da ETEA; ou o novo albergue de peregrinos situado tamén no Berbés

Comentarios