La Xunta simboliza a través de una obra de Raúl velloso la vinculación de la ciudad de Vigo al camino de Santiago

|

A delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, e o artista galego asistiron hoxe á colocación da peza que lucirá na fachada do edificio administrativo na cidade



O edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo luce desde hoxe unha obra de Raúl Velloso que simboliza a vinculación da cidade co Xacobeo. Así, a peza que colga desde este xoves da fachada da sede autonómica, e que foi inaugurada pola delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, e o artista galego, fai un percorrido polas zonas máis emblemáticas da cidade culminando, coma o Camiño de Santiago, na Catedral compostelá.

A proposta permítenos contemplar edificios e monumentos de Vigo a través dun espello deformante, característica do paisaxismo caricaturizado de Velloso, con volumes expandidos e liñas onduladas.


20210605FachadaRaulVelloso


Comentarios