Marta Fernández-Tapias, participa en el proyecto Navia con el Xacobeo, la iniciativa de la Asociación vecinal Novo Vigo en el marco de “O teu Xacobeo”

|

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse ata o barrio vigués para asistir ás actividades celebradas entorno ao “Camiño de Navia”



A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o barrio vigués de Navia para participar nas actividades celebradas entorno ao “Camiño de Navia”, unha iniciativa proposta pola Asociación Veciñal Novo Vigo no marco do programa de “O Teu Xacobeo”.

Actividades que se estenderon toda a xornada deste sábado centrando o protagonismo no Camiño de Santiago e dez das vías xacobeas; o Camiño de Fisterra e Muxía, a Vía da Prata, o Camiño Inglés, o Camiño Primitivo, o Camiño Norte, a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, o Camiño de Inverno, o Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa.

A proposta Navia co Xacobeo contou así con cinco carpas, puntos de información sobre as etapas e aspectos de interese das dez rutas, que os participantes tiñan que completar para selar a “Compostela de Navia” que lles daba dereito a acceder ao lote de premios disposto á chegada á “capital galega”. A través dun código QR accedían a toda a información de xeito dixital.

Asemade, e co obxectivo de dar a coñecer os produtos vinculados ás diferentes etapas do Camiño se instalaron dez postos de ventas, xestionados directamente polos comerciantes.

Unha actividade na que a música tamén estivo presente con pasarrúas e que se completou con outras accións en formato dixital, ideadas para reducir os riscos derivados da crise sanitaria, con varias actividades lúdicas como obradoiros ou contacontos.

Eventos como este demostran, en opinión da delegada, que o Camiño e o Xacobeo están en Vigo que “como a principal cidade de Galicia terá un papel protagonista e específico neste Ano Santo”. Así, avanzou que a medida que se vaia retomando a normalidade haberá máis propostas e proxectos para Vigo no marco da programación do Xacobeo.

“O Xacobeo está presente en Vigo a través do Marisquiño, do Vigo Porté Xacobeo e da ruta Iacobus Maris e o estará aínda máis, xa que a cidade está na axenda da Xunta para este Ano Santo”, afirmou.

20210605NaviacoXacobeo2




Comentarios