Ocho de cada diez establecimientos hosteleros de la ciudad de Vigo recibieron ayudas directas en los dos primeros planes de rescate de la Xunta por valor de cerca de 8 millones de euros

|


  • O 1º e o 2º plans de rescate promovidos pola Xunta inxectaron á hostalaría da área viguesa 12,9 millóns de euros, atendendo a un total de 5.914 solicitudes
  •  En toda Galicia, as axudas da Xunta destinadas a bares, cafeterías e restauración achegáronse aos 87 millóns de euros, case a metade dos 182 millóns de fondos propios que o Goberno galego puxo a dispor de autónomos, microempresas e actividades afectadas polos peches sanitarios durante a pandemia
  •  O Consello da Xunta xa aprobou o 3º rescate cos 234 millóns procedentes do Estado que espera activar nos próximos días con axudas que van dos 3.000 aos 30.000 euros
  • A Administración galega decidiu destinar o 85% dos cartos do 3º plan a autónomos e pequenas empresas por supor o 97% do tecido produtivo galego



O 86% dos establecementos de hostalaría de Vigo, é dicir oito de cada dez, recibiron 3.534 axudas directas no 1º e no 2º plans de rescate, ás que a Xunta destinou preto de 8 millóns de euros co obxecto de aportar liquidez a un dos sectores máis afectados pola pandemia e polas medidas sanitarias. Importes que se elevan aos 12,9 millóns de euros e ás 5.914 solicitudes atendidas no conxunto da área viguesa.

En toda Galicia outorgáronse máis de 37.000 axudas directas en ambos os dous plans de rescate, co que chegaron case a nove de cada dez bares, restaurantes, cafeterías e outros establecementos de alimentación e bebidas radicados na Comunidade. Todos estes apoios supuxeron ata o de agora un desembolso de 86,6 millóns de euros das arcas autonómicas.

Concello Axudas abonadas Contía en euros


  • Vigo 3.534 7.807.735
  • Baiona 165 423.440
  • Cangas 445 844.720
  • Fornelos de Montes 17 37.825
  • Gondomar 170 334.160
  • Moaña 231 466.880
  • Mos 211 438.260
  • Nigrán 235 483.625
  • Pazos de Borbén 12 36.260
  • O Porriño 276 602.275
  • Redondela 386 858.925
  • Salceda de Caselas 56 133.635
  • Salvaterra de Miño 56 137.125
  • Soutomaior 120 279.825

Cos dous primeiros plans de rescate a Xunta mobilizou un total de 182 millóns de euros co obxecto de aportar liquidez a estes negocios e contribuír á permanencia do emprego e da viabilidade. Máis da metade dese diñeiro foi parar ao sector hostaleiro.

3º Plan aprobado

O Consello do Goberno galego, pola súa banda, vén de aprobar o 3º plan que, no seu caso, nutrirase de fondos do Estado dos que 234,4 millóns de euros corresponderán á Comunidade, apenas o 3,3% dos 7.000 millóns que se repartiron en toda España.

Dentro da escasa marxe de manobra que o Goberno central deixa ás comunidades, Galicia priorizará que as axudas cheguen ás persoas traballadoras autónomas e microempresas que supoñen o 97% do tecido produtivo galego. Para elas resérvanse 200 dos 234 millóns de orzamento, o 85% do plan.

En consenso do Diálogo Social e coa Mesa do Emprego Autónomo, a Xunta vén de deseñar un 3º plan que prevé axudas de entre 3.000 e 30.000 euros para persoas traballadoras autónomas, microempresas, pemes e empresas, establecidas en función da baixada de facturación padecida a causa da covid e o número de persoas empregadas ao cargo.

Outra das aportacións de Galicia ao plan consistiu estender as axudas a todas as actividades económicas, e non só ás 95 apuntadas polo Real Decreto do Estado, sempre e cando poidan acreditar unha caída de ingresos dun 40% ou máis.

Co obxectivo de garantir a maior axilidade posible, o Goberno galego aplicará o mesmo criterio que no primeiro e segundo plans de rescate e concederá o anticipo do 100% dos importes coa mera presentación dunha declaración responsable.

Coa convocatoria do 3º plan, a Xunta terá destinado cerca de 560 millóns en axudas directas en seis meses aos sectores máis prexudicados pola pandemia: 416 millóns dos tres plans de rescate e a contía restante correspondente a diferentes departamentos da Xunta que veñen de apoiar a axencias de viaxes, ocio nocturno, orquestras ou ao sector das artes escénicas e musicais, entre outros sectores.


Comentarios