Pardo dice que las ponencias del 17º Congreso “son la clave de bóveda sobre las que debe pivotar el ideario del PPdeG”

|

Destaca que os relatorios buscarán defender o modelo de baixada de impostos e defensa dos sectores industriais e produtivos, adaptar os servizos públicos ao contexto post-covid e incrementar as vías de participación co partido








A presidenta da Comisión Organizadora do 17º Conclave do PPdeG, Pepa Pardo, asegurou que as ponencias que serán debatidas no Congreso serán a “clave de bóveda sobre a que pivotará o ideario do partido”, pretendendo que sexan un nexo entre o programa electoral que presentaron os populares aos cidadáns nas Eleccións Autonómicas de 2020 -que foi aprobado de forma maioritaria- e o que deberán elaborar dentro de tres anos.

Logo dunha xuntanza do Comité Organizador cos relatores das ponencias, apuntou que, para este labor, o partido escolleu a 12 persoas que estarán en disposición de entregar o seu traballo en dúas semanas e poñelo a disposición da militancia, incidindo en que os relatorios atenderán ás necesidades de Galicia.

Sobre as temáticas dos relatorios, remarcou que a que leva por nome Os retos dunha Galicia que quere máis emprego e menos impostos, e cuxos relatores son Borja Verea, María Ramallo, Marta Nóvoa e Antonio Ameijide, estará baseada no modelo do PP de baixada de impostos para poñer disposición dos cidadáns unha maior capacidade económica. Ademais, centrarase na defensa dos sectores produtivos e industriais fronte a un Goberno de España que complica cada vez máis o futuro da industria da Comunidade; e tamén será un reflexo da aposta polo medio rural, a agricultura, a gandaría e a pesca.

No tocante a Servizos públicos de calidade para unha sociedade plural e acolledora, explicou que esta ponencia, da que se encargarán Marta Fernández-Tapias, Martina Aneiros, César Fernández e Cristina Abades,

poñerá en valor os servizos públicos de gran calidade da nosa Autonomía, que foron avalados durante a xestión da pandemia -non só a Sanidade senón tamén o noso Sistema Educativo-, e manifestou que deberán ser adaptados agora ao contexto post-covid ao que hai que dar resposta.

Por último, referiuse ao relatorio Un partido aberto, accesible e participativo, cuxos poñentes son Paula Prado, Katy Varela, José López Campos e Marisol Díaz, e sinalou que os populares buscarán seguir mellorando día a día e incrementando aínda máis as vías de participación entre os afiliados e a organización.

Comentarios