Marea de Vigo denuncia la improvisación y la falta de información en el traslado del parque de bomberos de balaídos al edificio de la antigua edar del lagares.

|

  • Marea de Vigo visitou hoxe o que semella ser a nova ubicación do servizo de bombeiros de Balaídos, e trasladoulle aos traballadores alí concentrados o seu apoio. “É un sinsentido esta improvisación, nun lugar cuxo uso era cultural e no que a maior parte do espazo non cumpre os requisitos minimos. O Goberno local debe recular e cando menos dar explicacoins de cal foi o proxecto e a tentativa real do mesmo non houbendo interlocución algunha nin co Comité de Empresa nin co conxunto do corpo de bombeiros” denunciou Rubén Pérez.






Marea de Vigo discrepa da ubicación na antiga EDAR, próxima a un espazo protexido como é a Xunqueira do Lagares, así como do estado e disposición das instalacións e do feito de ter acometido as obras nunha zona de protección do dominio público marítimo terrestre sen a perceptiva licenza, tal e como sinalou recentemente a APLU.

O voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, afirmou hoxe, trala denuncia do colectivo de bombeiros municipais, que “non existe actualmente unha planificación seria de futura ubicación do parque, fixéronse anuncios de todo tipo, como o de Esturáns en Tomas Alonso, tamén sen un estudo serio de acceso, tráfico e dotación de instalacións”. “Non pode ser que un servizo esencial esté permanentemente improvisado e sen dotacións precisas” engadiu.

A reforma do edificio da antiga EDAR xa figura coma un dos empregos da primeira modificación orzamentaria que permitiu o uso do remanente líquido de tesourería, en concreto no uso de 33 millóns de euros do remanente do seguinte xeito: Reforma antigua EDAR para auditorio, cun importe de 901.806,28. “O grave desta improvisación – sinalou Rubén Pérez - é que o uso de case un millón de euros para facer un auditorio se considera urxente e inaplazable e que forma parte de proxectos que non son demorables ao exercicio seguinte. Se tan inaplazable era a construción do auditorio, como é que agora se improvisa o uso destas instalacións para ubicar o parque municipal de bombeiros?” cuestionou o voceiro.

“Xa está ben de improvisar cun servizo público tan esencial como é o de bombeiros, maltratado pola falla de efectivos, de recursos e agora con improvisacións de ubicación do parque co argumento das obras no estadio de Balaídos” concluiu Rubén Pérez.

Comentarios