Las A.V. de Teis y de Chápela, denuncian que llega de engaños y excusas, reclaman la supresión inmediata del peaje de Redondela.

|

A Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, logo de coñecer onte que a concesionaria Audasa, oponse a a rebaixa das peaxes e a supresión do tramo Redondela-Vigo, anunciada para o mes de xullo, queremos manifestar o seguinte:

Chega de enganos e escusas por parte do Goberno do Estado, para suprimir a peaxe no tramo Redondela-Vigo, levamos anos padecendo as mentiras e falta de vontade política por parte dos diferentes gobernos do Estado neste tema. Agora a escusa é a negativa da concesionaria Audasa, antes foi a falta de orzamentos do Estado ou un estudo de tráfico, así levamos anos.

Este xa non é o primeiro engano o daquela, Ministro de Fomento, Íñigo de la Senra, anunciando que en xullo de 2018 está peaxe estaría suprimida e aínda estamos agardando a día hoxe.

No pasado mes de abril, o Ministro de Transportes, José Luis Abalos, anunciaba unha data para a supresión da peaxe, daquela manifestamos que non entendiamos porque había que agardar até o mes de xullo, cando nós orzamentos do Estado de 2021, figura xa unha partida para destinar o pago da peaxe deste tramo da autoestrada. Polo que reivindicamos que a peaxe se suprima de xeito inmediato.

As demandas veciñais sobre a autoestrada AP9, non se limitan só a supresión da peaxe. Queremos lembrar a importancia é a necesidade de que a supresión desta peaxe, supoña tamén a conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín (Teis) ate o centro da cidade, con acesos, o que permitiría reducir o elevado tráfico que padece Teis e Chapela, especialmente nas rúas Sanjurjo Badía, na Travesía de Vigo en Teis e na avenida de Vigo e na avenida de Redondela en Chapela.

Non menos importante son as medidas contra contaminación acústica, coa instalación de pantallas, debido a elevado ruído que padece a veciñanza que vive no entorno da autoestrada AP9.

Logo levamos dous anos reivindicando a mellora dos pasos elevados da autoestrada en Teis, en concreto nos camiños da Xorxa e da Trapa, debido a súa falta de mantemento e impedir a incomunicación deste lugares de Teis, como pretende o Ministerio de Transportes.

Tamén está pendentes as obras de humanización na parroquia de Chapela, provocadas pola última ampliación da autoestrada AP9, as cales están aprobadas na adenda.

Por último, desde a A.V. de Teis e Chapela, anunciamos a convocatoria de mobilizacións para esixir unha data real para a supresión da peaxe no tramo Redondela- Vigo e todas as reivindicacións pendentes relacionadas coa autoestrada AP9.






Comentarios