Marta Fernández-Tapias, y la Federación Gallega de comercio presentan en Vigo la nueva edición de los “Días Azuis”

|

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca o compromiso do Goberno galego co comercio de proximidade, clave na dinamización económica das vilas e cidades
  •  A iniciativa enmárcase no plan de medidas específicas de apoio ao sector do Executivo autonómico, no que se inclúe o Bono Activa Comercio
  • As persoas que merquen no comercio galego poderán participar ata o vindeiro 30 xuño no sorteo de 64 tarxetas prepago de 150 e 250 euros para as súas compras


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente da Federación Gallega de Comercio, José María Seijas, presentaron hoxe unha nova edición da campaña Días Azuis do comercio galego, que se organiza en colaboración con Abanca, e que se celebrará ata o vindeiro 30 de xuño.

Neste marco, a representante autonómica destacou o compromiso do Goberno galego co comercio de proximidade, ao que considerou clave para a dinamización económica das vilas e cidades tras un ano difícil marcado pola covid-19.

Unha iniciativa que, tal e como indicou enmárcase no plan de medidas específicas de apoio ao sector deseñado polo Executivo autonómico, entre as que se inclúe o Bono Activa Comercio, que ofrece 30 euros de desconto para compras en establecementos locais. En canto o número de establecementos adheridos en Vigo suman 385 e son 10.923 as persoas que dispoñen do bono desconto.

Cifras que, segundo dixo Fernández-Tapias, son un síntoma de que os vigueses e viguesas aprecian a calidade e o trato personalizado que ofrece o comercio de proximidade, ao tempo no que puxo en valor a súa capacidade de adaptación á situación actual xerando confianza entre os clientes.

Así, a delegada remarcou o obxectivo compartido coas distintas asociacións comerciais con programas e liñas de axudas enfocadas a incentivar o consumo ou a apoiar a modernización do sector e o seu salto dixital.

Días Azuis

En canto á nova edición da campaña Días Azuis do comercio galego, explicou que durante estas semanas o obxectivo é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade. Neste sentido, animou aos vigueses e viguesas a comprar e apoiar a actividade deste tipo de locais ao longo de todo o ano.

Deste modo, os clientes dos comercios que realicen as súas compras ata o vindeiro 30 de xuño deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que o faga o propio comerciante.

Entre todos os participantes sortearanse un total de 12.000 euros en 64 tarxetas prepago: 24 de 250 euros e 40 de 150 euros, que deberán ser utilizadas polos gañadores nos establecementos tradicionais galegos antes do 30 de xuño do próximo ano. O sorteo, ante notario, realizarase o vindeiro 5 de xullo.


Thumbnail 20210610ComercioDiasAzuis



Comentarios