video

Feijóo celebra el regreso de Conxemar como escaparate internacional único para mostrar el potencial de los productos del mar de Galicia

Ademais do obxectivo de elaborar -coa implicación do sector- o Libro Verde do Conxelado en Galicia, que será aprobado polo Consello Galego de Pesca.Sobre este punto, o titular da Xunta referiuse tamén á oportunidade que para o sector suporán os fondos europeos Next Generation, lembrando que a candidatura galega conta con sete proxectos vinculados ao futuro desta industria transformadora dos produtos do mar, cun investimento de máis de 550 millóns de euros e a creación de 1.000 novos postos de traballo.Logo de reiterar a necesidade de que as autoridades fiscais europeas estuden a posibilidade de reducir o IVE nos produtos do mar, beneficiosos para a saúde, Feijóo concluíu facendo fincapé en que Galicia seguirá a traballar para facerse oír nos marcos decisorios clave: acudindo a países estratéxicos para a pesca galega como Irlanda ou Namibia -como xa se fixo viaxando a Arxentina ou a Cabo Verde- e organizando visitas á comunidade, como a do comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca