A.V. de Teis, reclama que a supresión da peaxe de Redondela, non sexa só un novo anuncio e se suprima de xeito inmediato

|

A Asociación Veciñal de Teis, logo da xuntanza celebrada  onte entre o Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo e o Ministro de Transportes, José Luis Abalos  e dos anuncios realizados sobre a autoestrada AP9, quer manifestar o seguinte:

Agardamos que este anuncio sobre a supresión da peaxe no tramo Redondela- Vigo, non sexa  un novo engano, como o que fixera  o daquela, Ministro de Fomento, Iñigo de la Senra, anunciando que en xullo de 2018 está peaxe estaría suprimida e aínda estamos agardando a día hoxe.

Desde a Asociación, tampouco entendemos porque hai que agardar até o mes de xullo, cando nós orzamentos do Estado de 2021, figura xa unha partida para destinar o pago da peaxe deste tramo da autoestrada. Polo que reivindicamos que a peaxe se suprima de xeito inmediato, neste mes de abril.

As demandas veciñais sobre a autoestrada AP9, non se limitan só  a supresión da peaxe. Queremos  lembrar a importancia é a necesidade de  que a supresión desta peaxe, supoña tamén a conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín (Teis) ate o centro da cidade, con acesos,  o que permitiría reducir o elevado  tráfico que padece Teis, especialmente na  rúa Sanjurjo Badía e na Travesía de Vigo.

Non menos importante son as medidas contra contaminación acústica, coa instalación de pantallas, debido a elevado ruído que padece a veciñanza que vive  no entorno da autoestrada AP9. Cando en Vigo, non hai un só metro de pantallas contra o ruído na AP9.

Logo levamos dous anos reivindicando a mellora dos pasos elevados da autoestrada en Teis, en concreto nos camiños da Xorxa e da Trapa, debido a súa falta de mantemento e impedir a incomunicación deste lugares de Teis, como pretende o Ministerio de Transportes.

Por último, desde a A.V. de Teis, imos estar moi atentos ao cumprimento deste anuncio de onte e a seguir a reivindicar  todas as reivindicacións pendentes relacionadas coa autoestrada AP9.

Comentarios