Marea de Vigo denuncia la agresiva campaña que están llevando a cabo sectores de propietarios inmobiliarios para recalificar miles de metros cuadrados de suelo industrial en Vigo.

|

Rubén Pérez: “Esta ofensiva especuladora conta con grandes aliados mediáticos e está a despregarse para condicionar non só unha receptividade social a empregar soares industriais ociosos para vivendas senón terreos que teñen actividade industrial ou que poder tela a curto prazo



“A operación ten postos os ollos non só nos terreos que xa son propiedade dos interesados, senón que se quere liberar espazo que agora ocupan estaleiros, nomeadamente Barreras e Vulcano, extendéndose dende Teis ate Bouzas” sinala Rubén Pérez.

Para Marea de Vigo, “trátase dunha aposta opaca pero evidente de querer condicionar mediante a colaboración de medios de comunicación que traballan a soldada e que din unha cosa e a contraria con respecto ao solo industrial dependendo se o pagador e Zona franca, Concello ou entidades privadas” critica o voceiro. “É unha aberración e un insulto á profesión xornalística soster que en Vigo fai falla solo industrial e propoñer a ampliación da Pasaxe e á vez traballar para condicionar un PXOM que recalifique para vivenda libre terreos industriais. Todo en menos dun ano” engade.

Marea de Vigo afirma que esta ofensiva tamén pretende eliminar posibles usos sociocomunitarios e dotacionais, con altos niveis de protección patrimonial de edificios como poden ser o da Artística ou o de Alfageme, xa que, segundo explica Rubén Pérez, “a conservación do patrimonio industrial e posibles usos dotacionais están diametralmente opostos as operacións inversoras”. “Ante a estratexia comunicativa utilizada – suliña Pérez – sospeitamos que se trata de fondos de investimento que teñen postos os ollos na cidade para a obtención de terreos baratos e céntricos ou ben comunicados onde construir vivendas de segmento medio-alto”.

Marea de Vigo considera que se é necesario aumentar o stock de vivenda no termo municipal debe ser a través da iniciativa pública controlada como o PAU de Navia, con ordenacións urbanísticas que prioricen a construción de vivenda protexida preferentemente na opción elexida polos vigueses e viguesas anotados a miles no rexistro de demandantes de vivenda da Xunta, alugueiro con opción a compra. “O resto é poñerse ao servizo servilista de fondos de investimento e intereses opacos que soamente queren liquidar a industria e os aproveitamentos industrais para o beneficio propio” incide o voceiro.

Ante este ataque, Marea de Vigo reitera que o Goberno local ten que definir que quere facer da cidade de Vigo e dunha industria naval que é viable, que ten futuro e que pode aportar ao PIB vigués en forma de salarios moito máis que o que está no deseño futuro de escursos intereses inmobiliarios.

Rubén Pérez lembra ademais que “Vigo ten a maior parte dos estaleiros privados dentro do conxunto do Estado dentro de PYMAR, polo que xogará un papel esencial no PERTE que vai xerar 1700 postos de traballo e un impacto de 3000 millons de euros no PIB estatal, moitos deles na cidade de Vigo”.

Comentarios