Marea de Vigo apoya al personal de parques y jardines en sus reivindicaciones ante la descansa convocada por el mismo para el próximo lunes.

|

Rubén Pérez: “A empresa concesionaria do servizo non pode usar a escusa da covid para non cumprir co convenio colectivo de aplicación. O estado de alarma non suspende a aplicación dos convenios colectivos nin cumprir o prego concesional nas condicións nas que a empresa gañou o servizo



Hoxe pola mañá, Ruben Perez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, mantivo unha xuntanza co presidente e secretario do comité de empresa da UTE Acciona Medio Ambiente-Mantén, actual concesionaria do servizo de mantemento de parques e xardíns do Concello de Vigo. Na mesma, os representantes do comité trasladáronlle á Marea de Vigo a problemática actual coa empresa concesionaria así como todo o relativo á convocatoria de folga para o vindeiro luns 19 de abril.

“A partir do día 19 comezaremos cunha folga indefinida por vulneración do convenio colectivo. A empresa trata de implantarnos xornadas que non están contempladas no convenio coa escusa da COVID ademais de estar contratando persoal con xornadas parciais, feito que non se pode facer por parte da empresa tanto segundo o convenio coma segundo o propio prego de condicións” explicou Alfredo Filgueiras, presidente do comité de empresa.

Pola súa banda, Rubén Pérez, trasladou o apoio da Marea de Vigo ao persoal da concesionaria esixindo responsabilidades por parte do Goberno de Abel Caballero. “Non imos tolerar que coa escusa da COVID se suspendan dereitos laborais adquiridos despois de moitos anos de negociación colectiva, precisamente dun convenio de referencia no sector” matizou. “Sería un atropello absoluto que o Goberno local permita que unha empresa concesionaria que está obrigada a cumprir un prego poida facer sen ningún control público” engadiu.

Do mesmo xeito, Pérez demandou ao Goberno local que “así como debe auditar e controlar as condicións laborais do persoal municipal, tamén debe facelo para o persoal das concesionarias, xa que é o Concello o responsable do cumprimento da lexislación laboral e de que non se empregue de novo a escusa da COVID para destruír dereitos laborais adquiridos”.

Nos próximos días o comité de empresa reunirase co departamento de RRHH da concesionaria co obxectivo de chegar a algún acordo que desconvocase a folga prevista para o luns.


Sin tu00edtulo


Comentarios