A.V. Teis, defiende el mantenimiento de la construcción naval, nos terrenos de Vulcano.

|

Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo unha xuntanza está mañá nas instalacións do estaleiro Vulcano, cos representantes dos traballadores deste estaleiro, para manifestarlle a nosa posición de defensa do mantemento da construción naval nos terreos do estaleiro Vulcano no barrio de Teis, logo da sentenza do Tribunal de Conflitos que anula a concesión.

Estamos a falar dun sector estratéxico para a nosa cidade e o noso país. Neste estaleiro ao longo dos cen anos de historia, permitiu que moitos/as veciños/as de Teis, traballaran nestas instalacións e fora o sustento de moitas familias.

O sector naval na ría de Vigo ocupa nos momentos de maior actividade perto de 9.000 traballadores en fabricación, contando as traballadores das empresas auxiliares.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, somos contrarios a que se podan destinar os terreos de Vulcano, para loxística e contedores.

As administracións públicas (Xunta, Goberno central,...) deben implicarse no mantemento deste estaleiro, especialmente a Autoridade Portuaria de Vigo. Non podemos permitir que desapareza este estaleiro, pois estamos a falar do emprego e do futuro para moitos/as veciños/as de Teis e de Vigo.

A Autoridade de Portuaria de Vigo, debe conceder unha nova concesión na actualidade a “ Astilleros San Enrique”, que lles permitir ter seguridade xurídica e poder desenvolver o proxecto industrial nestes terreos, que permita crear emprego, tan necesario en Vigo e a súa bisbarra.

A cidade necesita a industria e un sector naval en funcionamento, Vigo, non vai vivir das luces do nadal ou do camiño de Santiago.






Comentarios