Marea de Vigo alerta de graves incumplimientos de los pliegos del servicio de gestión de estacionamiento regulado ( XER).

|

Rubén Pérez: ”A pesar de que a sentenza non retirou a adxudicación á empresa Dornier, o certo é que esta recollía aínda así incumprimentos que teñen que ser emendados. Existen ademais outras carencias no desenvolvemento do servizo por parte da empresa, denunciadas ademais pola representación sindical, cuxa subsanación debe ser esixida por parte do Concello de Vigo”.



O voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, mantivo hoxe unha xuntanza coa representación sindical da XER, actualmente concesionada na empresa Dornier, para coñecer o estado do servizo ante as numerosas queixas cidadás e as reiteradas situacións de incuprimento concesional que se repiten no servizo. “Unha situación reiteradamente denunciada por Marea de Vigo e polos propios traballadores e traballadoras do servizo” sinala o voceiro.

“Especialmente grave – apunta Pérez - é o incumprimento do prego administrativo que na cláusula 46, punto 7 di claramente que as reducións permanentes superiores ao 10% das prazas da XER serán compensadas únicamente coa ampliación dun número equivalente de prazas da XER noutras rúas da cidade. É dicir, que pasar de 2132 prazas a aproximadamente as 1700 actuais, esencialmente polas humanizacións, tiña que ter habilitado máis prazas de zona azul na cidade e non apostar pola opción do aparcadoiro privado subterráneo como ten acontecido na cidade de Vigo”. Que a empresa non reclame esta cláusula, “que por certo invalida a compesación económica pola diminución de prazas - matiza - , é mostra de que Concello e empresa confabulan e cooperan nestes incumprimentos”.

Alén dos incumprimentos nos pregos, Marea de Vigo denuncia graves incumprimentos en materia laboral. “O prego obriga a ter permanentemente operativas 15 rutas con 18 controladores/as e actualmente non se cubre nin a metade do licitado” detalla Rubén Pérez. “Ademais de non cubrirse baixas por IT, descansos ou vacacións” engade.

Do mesmo xeito, pasados dous anos do inicio da concesión, o voceiro municipal lembra que “nada se sabe do obrigado cumprimento que figura no prego de habilitar a tarxeta cidadá PassVigo, nin a de prepagamento nin a de residente”. Marea de Vigo denuncia tamén, como fixera no seu día mediante escrito á mesa de contratación, que “seguen se instalarse os 9 postes eléctricos de recarga de vehículos que figuraban na oferta e que tiñan que colocarse no primeiro ano de servizo, levando xa dous anos coa concesión actual”.

Marea de Vigo lamenta que o concello non esixa o cumprimento da peritaxe que se realizou ás máquinas expendedoras durante o proceso xudicial, xa que esta amosou que, segundo relata Rubén Pérez, “os modelos existentes funcionaban de xeito irregular, con problemas recurrentes nas botoneiras, fallos nos mecanismos de venda por tarxeta e puidendo responder soamente ao 31% de aforro que a empresa ofertou no prego para os gastos de explotación”. Marea de Vigo exise unha auditoría técnica das máquinas expendedoras que mesmo foran no seu día instaladas na vía pública sen os USB de carga de móbiles que se ofertaba como mellora por parte de Dornier.

Igualmente, Marea de Vigo resalta que a sentenza, a pesar de non anular a adxudicación, deixa claro que os incumprimentos dos pregos poden chegar a resolver o contrato público, “cuestión que debería estar sendo xa analizada polo Concello ao resultar pertinente tal resolución ante os obvios e graves incumprimentos por parte da empresa concesionaria, Dornier” conclúe o voceiro.

Comentarios