Marea de Vigo pide un control urgente de las concesionarias municipales ante la falta de cobertura de los puestos de trabajo durante las bajas y las vacaciones del personal.

|

  • Rubén Pérez alerta que “esta práctica, levada a cabo por parte de numerosas concesionarias municipais que chegados os meses de verán e ante as vacacións do personal non cubren con contratacións os postos de traballo, supón un incumprimento dos pregos. As empresas seguen a cobrar íntegramente do Concello a pesar de non ofrecer o servizo polo que cobran”
  • Marea de Vigo lamenta que soamente sexan as e os representantes sindicais e comités de empresa quen denuncie ante a inacción do máximo responsable dos contratos que é o Concello de Vigo.


O Grupo municipal da Marea de Vigo, tras ter constatado o que está sucedendo en varias destas empresas, denuncia esta práctica por ser “absolutamente contraria ao prego concesional”, debendo, segundo Rubén Pérez, “ter como consecuencia a apertura dun expediente á empresa que ostenta a concesión e mesmo acarrear sancións económicas e, dependendo da gravidade, incluso a contar cunha proposta de resolución do contrato e a expulsión da empresa da concesión pública”.

Marea de Vigo considera que os pregos son claros en canto aos niveis mínimos de servizo e cadro de personal. “É evidente que esta práctica de non cubrir incapacidades temporais e vacacións con contratacións vén practicandose reiteradamente dende hai anos sen obter unha resposta por parte da administración local que debería velar polo escrupuloso cumprimento dos pregos, sen baixadas do servizo nos meses de verán” lamenta o voceiro. As sucesivas denuncias de representantes dos traballadores e traballadoras de servizos como parques e xardíns ou máis recentemente limpeza de dependencias municipais, “non teñen resposta proactiva dos concelleiros e concelleiras con responsabilidade nestas áreas e moito menos da Xunta de Goberno Local” recalca Pérez.


Marea de Vigo denunciou recemente, e como exemplo de estas prácticas, a situación da concesionaria de limpeza nas dependencias municipais que non está executando unha media de case 300 horas semanais das 1914 que lle corresponden ao servizo ao non querer cubrir nin baixas, nin vacacións do persoal ou por tratarse de lugares que están aínda pechados, a pesar todo elo de ser a súa obriga e estar cobrándolle ao Concello polo servizo completo puidendo ademais completar xornadas parciais con esas horas. Igualmente esta situación esta a producirse na X.E.R. (estacionamento regulado) onde, “alén dos incumprimentos nos pregos, a representación sindical denuncia graves incumprimentos en materia laboral xa que o prego obriga a ter permanentemente operativas 15 rutas con 18 controladores/as e actualmente non se cubre nin a metade do licitado ademais de non cubrirse baixas por IT, descansos ou vacacións” detalla Rubén Pérez.

Marea de Vigo considera “inexistente” o seguimento da situación laboral e do cumprimento da lexislación laboral por parte do Concello nas empresas que xestionan contratos públicos e lembra que “existe unha responsabilidade directa do Concello en que en determinados servizos aparezan situacións de precaridade laboral, flexibilidade arbitraria e mesmo incumprimentos graves dos convenios colectivos. Precísase avanzar en cláusulas de protección laboral nos pregos de contratación e licitación do Concello de Vigo incorporando cláusulas sociais” matiza o voceiro.

Comentarios