Marta Fernández-Tapias destaca el potencial del alumnado del CEIP el Sello en el marco de la I feria tecnológica

|

  •  A delegada territorial da Xunta en Vigo tivo a oportunidade de coñecer os traballos realizados durante o curso e os avances en robótica ou programación con Scratch









A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, comprobou hoxe de primeira man as habilidades creativas e tecnolóxicas do alumnado de 4º e 6º de Primaria do CEIP O Sello, ao que felicitou polo traballo desenvolvido neste curso que está a piques de rematar.

O fixo con motivo da celebración nas instalacións deste centro vigués da I Feira Tecnolóxica na que tivo oportunidade de coñecer os avances dos estudantes en robótica ou programación con Scratch.

Así, exemplificou neste centro a incorporación das TIC á educación, en liña coa aposta da Xunta de Galicia de fomentar as competencias STEM (Ciencias, Matemáticas e Tecnoloxía), onde primen os novos métodos pedagóxicos de traballo colaborativo, solución de problemas reais e as habilidades creativas.

Segundo dixo, así se recolle entre os obxectivos do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta para deseñar os espazos escolares do futuro ao servizo das novas esixencias tanto de carácter académico como funcional e medioambiental.

Este novidoso plan está dotado cun investimento de 191M€ para esta lexislatura, e nel faise fincapé nos aspectos académicos −como o deseño de espazos ao servizo da transformación dixital−, nos aspectos das infraestruturas propiamente ditas −con espazos máis amplos, mellor ventilados, máis saudables e máis confortables−, e de sostibilidade enerxética e medioambiental −coa instalación de centrais de biomasa, entre outros−.

Comentarios