El BNG de Vigo promoverá una declaración institucional para que el Pleno exija que la nueva concesión portuaria en el antiguo Vulcano garantice la continuidad del astillero

|

  • A fronte nacionalista dá a “benvida á rectificación” da posición do alcalde pero demanda un apoio “real e firme” para evitar a fin do estaleiro.
  • Xabier P. Igrexas: "Queremos que o Pleno envíe unha mensaxe clara e rotunda en nome da cidade de que non imos tolerar que o Partido Popular a través da Autoridade Portuaria acabe con este estaleiro para o converter nunha extensión da terminal de contedores”.




Após a xuntanza mantida polo alcalde de Vigo cunha representación do Comité de Empresa do antigo estaleiro Vulcano, o Bloque Nacionalista Galego deu a “benvida á rectificación” do rexedor pero demandou un compromiso efectivo e real por parte do Goberno municipal para asegurar a continuidade da actividade de construción e reparación naval nas centenarias gradas de Teis.  

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, afeou a Caballero a “demora e dilación de meses” para recibir a representación sindical do estaleiro, pero saudou o cambio de posición que lles tería manifestado. “Parece que o alcalde trasladou o seu apoio á continuidade da actividade naval no estaleiro, o que supón un cambio na posición cínica e de indiferenza mantida até o momento”, valorizou.

Desde o Bloque lembran que o Goberno municipal do PSOE vetou, co apoio do Partido Popular, en setembro de 2019 unha proposta de declaración institucional impulsada polas nacionalistas para reclamar a continuidade de Vulcano. En xaneiro de 2020 e marzo de 2021, o grupo socialista tamén rexeitou dúas mocións do Bloque nas que se demandaban medidas de apoio ao sector naval e un Plan de reactivación industrial da comarca.  O portavoz municipal nacionalista recalcou tamén o comportamento “covarde” do alcalde ao “fuxir a unha inauguración dun túnel na Cañiza” en lugar de asistir na xuntanza do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, decorrido o pasado mes de abril, e no que se decidía o inicio da resolución da conceción portuaria de Vulcano.

Igrexas anunciou que o BNG promoverá unha declaración institucional para que o Pleno da semana próxima, esixa que a nova concesión portuaria das instalacións do antigo Vulcano se condicione a un proxecto industrial de construción ou reparación naval. “Non abonda con boas palabras do alcalde nunha reunión privada. Queremos que o Pleno envíe unha mensaxe clara e rotunda en nome da cidade de que non imos tolerar que o Partido Popular a través da Autoridade Portuaria acabe con este estaleiro para o converter nunha extensión da terminal de contedores”, explicou

Comentarios