Marta Fernández-Tapias hace entrega a la viguesa Discamino de un vehículo adaptado para caderas de ruedas para el traslado de los usuarios en los recorridos del camino

|

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo recorda que a Xunta impulsou a candidatura do seu fundador, Javier Pitillas, ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021
  • A Asociación está destinada a posibilitar a realización do Camiño a todas as persoas con discapacidade que mostren interese nesta ruta de peregrinación como vía de superación persoal ademais de difundir os valores da cultura, do deporte e do esforzo


20210624DiscaminoVehiculoAdaptado


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fixo entrega esta tarde a Discamino dun vehículo adaptado para cadeiras de rodas, con plataforma eléctrica, destinado ao traslado dos usuarios da nos percorridos do Camiño.

Tal e como sinalou a representante autonómica a entrega e froito do convenio de colaboración asinado o pasado 24 de abril entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo coa asociación viguesa no que o Executivo autonómico comprometeu unha achega de preto de 37.000 euros.

Durante o acto que tivo lugar na residencia en Navia de Alento onde ten a súa base Discamino, Fernández-Tapias recordou que a Xunta impulsou a candidatura do seu fundador, Javier Pitillas, ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021 cuxo fallo esta previsto para o vindeiro 30 de xuño.

Iniciativa solidaria

Discamino naceu no ano 2009, destinada a posibilitar a realización do Camiño de Santiago a todas as persoas con discapacidade que mostren interese nesta ruta de peregrinación como vía de superación persoal ademais de difundir os valores da cultura do deporte e do esforzo, así como o recoñecemento e a valía de todas as persoas, independentemente das súas características.

Na actualidade, Discamino conta con 90 voluntarios que co seu traballo posibilitaron que ata o de agora 115 persoas con discapacidade puidesen vivir a experiencia da Ruta xacobea. En total, desde hai xa 11 anos e de xeito ininterrompido, realizáronse 72 camiños, entre os que salientan catro veces o Camiño Francés, dúas a Vía da Prata e distintas probas deportivas como a volta ciclista a España, a volta ciclista por Andalucía, a volta ciclista polo Cantábrico ou as rutas polos Alpes e os Pirineos.

Francisco Javier Pitillas Torra é sarxento da Policía Local da cidade olívica e atleta de éxito internacional. Apaixonado do atletismo, foi subcampión absoluto de España, internacional en seis ocasións, e campión de España en categoría de veteranos.

No ano 1996, Javier Pitillas comezou a adestrar a persoas asociadas á Organización Nacional de Cegos, ONCE, e desde entón adestra a persoas con diversidade funcional e colabora con multitude de entidades de atención á discapacidade tanto de ámbito autonómico como estatal. Polo seu traballo con Discamino, Pitillas conta coa Medalla Castelao en 2014 e a condecoración da Orde do Mérito Civil en 2015

Comentarios