UGT se reúne con el Ministerio de Industria para tratar la situación del astillero H.J. Barreras

|

  • Representantes de UGT-FICA a nivel estatal, autonómico e local reúnense en Madrid co director xeral de Industria para compartir e analizar conxuntamente os datos de cara a procurar unha solución que permita a volta á actividade do primeiro estaleiro privado de España


UGT-FICA traslada ó Ministerio de Industria que, unha vez que a situación de financiamento do proxecto Evrima parece estar encauzada, cuestión imprescindible pero non suficiente para apuntalar o futuro do estaleiro, agora toca centrar os esforzos en recuperar a actividade nas gradas de Beiramar. Para elo, todos os actores principais teñen que dar un paso ó fronte, empezando pola propia Dirección do estaleiro presentando o seu plan de negocio. UGT-FICA aposta pola colaboración entre a empresa, Xunta, Ministerio e axentes sociais para buscar unha solución firme que garanta o emprego na factoría e reactive a industria auxiliar Dende UGT-FICA trasladamos con total claridade ó Ministerio a nosa vontade de colaboración, apostando firmemente por un proceso de cooperación entre a Dirección, a Administración autonómica, que ten plenas competencias en materia de industria, o Ministerio e os axentes sociais para non facernos trampas ó solitario e dar cunha verdadeira solución que garanta a empregabilidade dos traballadores do estaleiro e permita a reactivación da industria auxiliar. Para o Ministerio, a preocupación que os traballadores e traballadoras do estaleiro teñen é compartida, non obstante, queren trasladar o seu compromiso e implicación na implementación de medidas que se poidan adoptar unha vez que a Dirección do estaleiro presente o seu plan de viabilidade

Comentarios