Las peluquerías y salones de estética de toda España se rebelan contra lo injusto veto del Psoe a la restitución de su IVA reducido

|

  • Comenza a REBELIÓN DAS TESOIRAS ROTAS: perruquerías, barberías e centros de estética empapelarán os seus salóns con mensaxes de protesta e inician unha serie de accións de protesta o próximo mércores 30 de xuño fronte ao Congreso, coincidindo coa votación da Lei contra a fraude fiscal


O sector da imaxe persoal manifesta a súa indignación polo veto exercido pola presidenta do Senado, a instancias do Goberno, declarando a nulidade do sufraxio da emenda que baixaba o IVE do 21% ao 10% ás perruquerías, barberías e centros de estética a partires do 1 de xaneiro do 2022 e non incluíndoa, finalmente, no texto da Lei Antifraude que se debe votar no Congreso o próximo 30 de xuño, sendo a primeira vez que se anula unha votación por esta vía nesta lexislatura. É sorprendente o desprexo e abandono que sofre o sector da imaxe persoal, declarado esencial e composto maioritariamente por pequenos negocios que son un pilar de traballo esencialmente feminino, xoven e autónomo, por parte do partido socialista (PSOE) e do Goberno, que unha e outra vez adopta medidas que o perxudican enormemente (como olvidar o CNAE do sector de aqueles aos que se lles permitía acceder á segunda ronda de ERTEs, ou excluíndoos do listado de sectores que podían pedir as axudas directas pola COVID-19). A emenda transaccional que se aprobou no Senado contou co apoio do Grupo Popular, o Grupo Vasco, Esquerra Republicana, Izquierda Confederal, Grupo nacionalista, Grupo Democrático e Grupo Mixto, polo que este veto unilateral, pon en cuestión o talante democrático do Goberno do PSOE, pasando por enriba da vontade unánime do resto de grupos parlamentarios (incluidos os seus propios socios de goberno de coalición e o resto de partidos que o apoian). Porén , todas as patronais, federacións, asociacións e plataformas do sector, enviaron unha carta ao presidente de España, Pedro Sánchez, solicitando o seu amparo. Despois dos últimos acontecementos, as máis de 240.000 familias que, dunha forma ou outra, viven por, para e do desenrolo do seu traballo diario no sector da imaxe persoal (perruquería e estética), queren agradecer as mostras de cariño e apoio de gran parte da sociedade e medios de comunicación que non entenden esta actitude monolítica do PSOE que parece querer castigar permanentemente á imaxe persoal. Para facermos visible a indignación e estupor do sector, iníciase A REBELIÓN DAS TESOIRAS ROTAS (LA REBELIÓN DE LAS TIJERAS ROTAS) que comezará coa pegada masiva, en todas as perruquerías, barberías e salóns de estética de España, dun cartaz amosando o seu rexeitamento ao veto, a súa difusión en todas as RRSS e, continuará, con un acto de protesta fronte ao Congreso dos Deputados, o 30 de xuño ás 11:00h. que servirá de preámbulo de novas manifestacións e concentracións masivas que se están a preparar por toda España. CONVOCATORIA DE PRENSA SOS IMAXE PERSOAL ¡¡¡XA!!! VOLTA AO IVE REDUCIDO AO 10% "LA REBELIÓN DE LAS TIJERAS ROTAS" Mércores, 30 de xuño de 2021, 11:00h. Concentración fronte ao Congreso dos Deputados 


Sin tu00edtulo



Comentarios