El BNG de Vigo alerta de que no hay garantías de operatividad para los bomberos de la ciudad en verano

|

  • A fronte nacionalista denuncia que a falla de persoal e a nefasta xestión de Elena Espinosa comprometen a capacidade de resposta dos bombeiros.
  • Xabier P. Igrexas: “Despois de sentenzas que anularon o ilegal decreto de permanencia ou que condenaron a vulneración de dereitos dos bombeiros por parte do Concello, o Goberno de Caballero non fixo absolutamente nada por resolver o problema. Estamos igual ou peor que ao inicio”


O Bloque Nacionalista Galego alertou da falla de garantías sobre a operatividade do corpo de bombeiros de Vigo durante o verán. Denuncian que este sábado só había un efectivo para incorporarse á garda das 22h. Desde a fronte nacionalista critican a inacción do Goberno local e instano a rectificar e “deixar de xogar coa seguridade das viguesas e vigueses”.

O concelleiro do BNG de VIgo, Xabier P. Igrexas, expresou esta mañá a súa “profunda preocupación” pola falla de garantías de operatividade no servizo de bombeiros. O edil fíxose eco da denuncia sindical de que este sábado a falla de persoal volveu comprometer a capacidade de actuación dos bombeiros, ao só se prestar un efectivo para incorporarse á garda das 22h. “Diante desta situación o único que decidiu a área de Seguridade, que dirixe Elena Espinosa, foi tentar forzar a continuidade doutros dous bombeiros que xa viñan de facer gardas de 24h” reprochou.

O portavoz municipal nacionalista lembra que levan desde o inicio do actual mandato urxindo o Goberno de Abel Caballero a actuar para resolver o grave problema que se vive no servizo de bombeiros. “Despois de sentenzas que anularon o ilegal decreto de permanencia ou que condenaron a vulneración de dereitos dos bombeiros por parte do Concello, o Goberno de Caballero non fixo absolutamente nada por resolver o problema. Estamos igual ou peor que ao inicio”, afirmou.

Desde o BNG demandarán explicacións á concellaría de Seguridade do acontecido esta fin de semana, e instan a rectificar e adoptar medidas para asegurar a plena operatividade do servizo de bombeiros durante o verán. “Teñen que deixar de xogar coa seguridade das viguesas e vigueses”, enfatiza Igrexas.

Comentarios