Sanidad exigirá una prueba diagnóstica negativa o el certificado de vacunación completo para acceder a los locales de ocio nocturno en los ayuntamientos de nivel medio

|

  • A medida, que será obrigatorio cumprimento nos municipios con este nivel de restricións, non será precisa nos concellos de nivel medio-baixo
  •  O conselleiro de Sanidade lanza un chamamento á poboación moza para participar nos cribados aos que son citados, e avanza que nas vindeiras datas, tamén se poderá solicitar, de xeito voluntario, unha proba PCR sen necesidade de cita previa
  •  Co ánimo de atallar a expansión do coronavirus, a Xunta pechará, entre as 00:00h e as 6:00h, os espazos onde habitualmente se celebran botellóns


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está maña en rolda de prensa, da obrigatoriedade de presentar o resultado dunha proba diagnóstica negativa -realizada nun máximo de 48 horas-, ou o certificado de vacinación completa, para acceder aos locais de ocio nocturno nos concellos galegos nos que rexan as medidas do nivel medio. Unha obriga que non será necesaria nos concellos de nivel medio-baixo.

O titular da carteira sanitaria da Xunta, apuntou que o Executivo galego aposta polo desenvolvemento dun ocio seguro, ao tempo que trasladou a preocupación das autoridades sanitarias polo aumento de casos positivos entre a mocidade.

Nesta liña, García Comesaña salientou que a Xunta pechará os espazos onde habitualmente se celebran botellóns -parques, praias, prazas, etc-, entre as 00:00h e as 6:00h. Así, lembrou que este tipo de xuntanzas están prohibidas, solicitando a colaboración da xente moza, e apelando a súa responsabilidade individual.

Entre as decisións acordadas polo comité clínico, o conselleiro tamén puxo de relevo a intensificación na realización de cribados entre a poboación con idades comprendidas entre os 19 e os 35 anos. Así, avanzou que o departamento sanitario xa está a ultimar unha nova modalidade voluntaria de cribado, mediante a que se poderá solicitar a realización dunha proba PCR, sen necesidade de ter unha cita previa.

O responsable de Sanidade, lamentou que “o nivel de adherencia aos cribados nesta franxa de idade é francamente baixo”, convidando aos mozos e mozas galegas que acudan as súas citas, para conseguir atallar a expansión do virus.

O conselleiro de Sanidade anunciou tamén que xa está dispoñible o sistema de autocita para vacinarse, destinado, inicialmente, ao estudantado Erasmus e ás persoas maiores de 50 anos. Sobre este particular, abundou García Comesaña, un total de 671 estudantes Erasmus, e 810 persoas maiores de 50 anos, xa solicitaron a súa cita para vacinarse da covid-19.

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, apuntou que a situación epidemiolóxica de Galicia está a experimentar un incremento tanto na súa incidencia acumulada como na súa taxa de positividade. Así, explicou que a incidencia a 7 días en Galicia é de 62 casos (polos 155 de media do Estado), e que a 14 días é de 98 casos (polos 225 da media nacional). Durante a súa intervención, comentou que 124 concellos non declararon ningún novo caso covid nos últimos 14 días, e que, outros 143 municipios, tampouco o fixeron nos últimos 7 días.

A taxa de positividade en Galicia sitúase en 4’6%, “un incremento substancial” apostilou a responsable de Saúde Pública, ao practicamente duplicarse desde hai unha semana, cando se situaba no 2’51%.

No que atinxe á presión asistencial, o xerente do Sergas, José Flores Arias, repasou os niveis ocupación dos centros sanitarios galegos. Neste senso, comentou que a variación semanal foi lixeira, alén do incremento de novos casos activos que se atopan no seu domicilio.

Flores indicou que “é moi significativo o descenso da idade das persoas que están ingresando nos circuítos respiratorios dos hospitais galegos”, nos que, nestes intres, permanecen na UCI dúas persoas de 30 e 38 anos.

Restricións por concellos

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou, na súa reunión de onte, o establecemento do nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo.

Comentarios