Marea de Vigo presenta enmiendas a la nueva ordenanza reguladora de instalación de terrazas en el ayuntamiento de Vigo.

|

  • Marea de Vigo valora positivamente que por fin se presente unha proposta de ordenanza reguladora da instalación de terrazas que supere a existente, “absolutamente obsoleta” tal e como solicitou reiteradamente o Grupo municipal en cada exercicio pero tamén o propio sector da hostalería.
  • En todo caso, a proposta conten carencias en canto a garantir a mobilidade accesible, impedir a actividade de hostaleiros 'piratas' e sen escrúpulos e sobre todo, en canto a harmonizar o ocio e a hostelería responsable cos dereitos da cidadanía a disfrutar do espazo público e o descanso” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.





Nas quince de emendas que presentou hoxe a Marea de Vigo á ordenanza, ten especial transcendencia a recuperación do Consello Municipal de Accesibilidade, “constituído en 2003 pero sen actividade actualmente” apunta Rubén Pérez, como órgano que fiscalice se a presenza de terrazas en vía pública e a súa ampliación pode estar afectando á mobilidade accesible, “xa que, entre outras cousas a proposta de ordenanza permitirá excepcionalmente a colocación de terrazas nas fachadas (algo que é un grave problema para as persoas con discapacidade visual) ou mesmo integrará terrazas en espazos peonís, o que ten que ser dimensionado dende o punto de vista das persoas con diversidade funcional” matiza o voceiro.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo propón que, segundo explica Rubén Pérez, “ao igual que acontece nas grandes cidades do estado, coa solicitude de licenza e a declaración responsible, un recinto hostaleiro poida iniciar a actividade con mesas e cadeiras na vía pública”, evitando as longas esperas polo título habilitante (licenza de actividade) que na normativa actual e na proposta de nova ordenanza “segue sendo indicada como único xeito de poder ter licenza de terrazas” engade. Na actualidade, sen licenza de actividade a nome do/a hostaleiro/a non se poden poñer mesas e cadeiras, “algo absolutamente inviable en centos de negocios hosteleiros de Vigo que esperan incluso anos pola resolución administrativa” incide Rubén Pérez. Coa proposta de Marea de Vigo a nosa cidade funcionaria co mesmo mecanismo que Madrid, Bilbao ou Barcelona.

Marea de Vigo propón ademais permitir nos meses de xullo e agosto a apertura de terrazas ate as 2.30 como por exemplo ocurre en cidades como A Coruña, “se ben – suliña Pérez -, para que esta ampliación vaia análoga a un comportamento responsable das persoas usuarias e donas de terrazas propoñemos análogamente endurecer sancións moi graves establecendo que por exemplo, exceder en ruídos ou horarios (faltas graves) en dúas ou máis ocasións nun ano (a proposta de ordenanza fala de dous anos) sexa considerada falta grave e poida acarrear a retirada da licenza de terrazas ou mesmo multas económicas”. Igualmente, a proposta de emendas recolle que non ter un seguro de responsabilidade civil con cobertura da terraza sexa considerada falta grave.

Alén disto, Marea de Vigo propón non permitir anular máis prazas de zona azul, “xa que ás centos de elas eliminadas por humanizacións, agora poderían sumarse as que se eliminen, por acordo entre Goberno local e concesionaria, para utilizar como espazos para mesas da hostelería, algo que sería lesivo para un sistema de estacionamento en rotación asequible e alternativo ao uso dos costosos aparcadoiros privados para aquelas personas ás que o transporte público non é unha alternativa de mobilidade pola escaseza de frecuencias ou a cercanía de lugar de orixe e destino” conclúe o voceiro.

Comentarios