El BNG de Vigo pide que Xunta y Ayuntamiento actúen delante de la “muy preocupante” la evolución del Covid19

|


  •  A fronte nacionalista pide o reforzo de medidas preventivas nas actividades e espazos públicos na cidade, e esixe que a Xunta suspenda calquera recorte programado para o verán a nivel sanitario.
  • Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitirnos ningún recorte de persoal ou de servizo, nin nos centros de saúde nin nos hospitais da cidade. O que hai que facer é reforzalos para blindar a capacidade asistencial durante o verán”






Diante da evolución epidemiolóxica que na area sanitaria de Vigo superou, por vez primeira desde febreiro, o milleiro de casos activos de coronavirus, o Bloque Nacionalista Galego vén de demandar que tanto Concello como Xunta despreguen medidas adicionais para conter a transmisión do virus na cidade de Vigo.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, cualificou de “moi preocupante” a situación pandémica na urbe, marcada por un continuado aumento dos casos activos. Igrexas instou o Goberno municipal a “actuar xa” despregando medidas adicionais que reforcen as garantías preventivas, especialmente nas actividades e espazos públicos.

Desde o Bloque instan tamén ao executivo de Abel Caballero a enviar unha “mensaxe clara e contundente que chame á prudencia e a estremar a responsabilidade”. “Malia os avances na vacinación e que poidamos xa albiscar un contexto máis favorábel, as viguesas e vigueses temos que seguir a actuar coa máxima prudencia para frearmos o virus”, explicou o portavoz municipal nacionalista.

PARAR OS RECORTES SANITARIOS

Igrexas defende, ademais, que o actual contexto pandémico debera deixar “en suspenso” caquera recorte programado pola Xunta a nivel sanitario durante o período estival, tanto na atención primaria como na hospitalaria. “Non podemos permitirnos ningún recorte de persoal nin de servizo, nin nos centros de saúde nin nos hospitais da cidade. Ao contrario, o Sergas debería, segundo o nacionalista, despregar novos reforzamentos para “blindar a capacidade asistencial durante o verán”.

En opinión da fronte nacionalista a resposta a esta conxuntura “é chave” e vai definir “se superamos este repunte ou profundamos nel”


Comentarios