Marta Fernández-Tapias, destaca el éxito de las jornadas de puertas abiertas en la ciudad de la justicia de vigo tras cubrirse las visitas en menos de una semana

|

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo salientou o aluvión de chamadas e o interese da cidadanía viguesa nesta infraestrutura, con 540 persoas inscritas ata setembro
  • Trátase da obra xudicial máis importante da historia da Comunidade na que a Xunta investiu máis de 42M€ e coa que se recupera un edificio emblemático da cidade

Thumbnail 20210714VisitasCiudadJusticiaVigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañou hoxe a primeira das visitas programadas á Cidade da Xustiza de Vigo no marco das xornadas de portas abertas, onde destacou o aluvión de chamadas e o interese da cidadanía viguesa de coñecer esta infraestrutura xudicial, “a máis importante da historia da Comunidade e a mellor do noroeste peninsular”, dixo.

A representante autonómica destacou o éxito desta iniciativa, que cubriu todas as prazas previstas en menos dunha semana con 540 inscritos en total ata setembro e con lista de espera. Unha proposta que tivo grande éxito con propostas anteriores como as visitas organizadas pola Xunta á depuradora de Vigo ou, recentemente, ao albergue de peregrinos que vén de abrir as súas portas na praza do Berbés.

Deste modo, todos os mércores ata o próximo mes de setembro e en tres quendas diarias, os vigueses e as viguesas terán a oportunidade de coñecer de primeira man esta nova infraestrutura na que a Xunta de Galicia investiu máis de 42 milllóns de euros e coa que se recupera o edificio máis emblemático e representativo da cidade olívica, o antigo hospital Xeral de Vigo na súa forma orixinal.

“A gran sede xudicial que Vigo e a comarca precisan”, en palabras da delegada, que deu un novo paso este mes de xullo co inicio do traslado do mobiliario. En canto a segunda fase, dixo, terá lugar unha vez rematadas as obras e obtida a licencia de primeira ocupación, implicando o movemento de dous xulgados por semana e do seu respectivo persoal.

Unha vez rematadas as obras, a Cidade da Xustiza unificará nun só edificio os órganos xudiciais da cidade, ao acoller nos seus 44.000 metros cadrados 38 unidades xudiciais xunto coa Fiscalía de Área, as 2 seccións da Audiencia Provincial e a subdirección do Instituto de Medicina Legal (Imelga), e a maiores existen espazos dispoñibles para futuros crecementos do partido xudicial de Vigo.

En total, trasladaranse máis de 500 traballadores da Administración de Xustiza, que terán á súa disposición unha gardería de 41 prazas para facilitar a súa conciliación laboral e familiar

Comentarios