Marta Fernández-Tapia entrega las llaves de berbés 41 a una nueva vecina del casco vello vigués

|

  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada da Xunta en Vigo pon en valor a importancia de promover vivendas de promoción pública, nomeadamente na cidade viguesa cos maiores rexistros de demandantes de entre as urbes galegas
  •  Insiste en reclamarlle ao Concello que active os mecanismos expropiatorios necesarios para poder intervir en varias edificacións identificadas polo organismo



- A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada Territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, vén de entregar as chaves da vivenda de Berbés 41 a unha nova veciña do barrio histórico vigués. Un contexto no que aproveitou para pór en valor o importante esforzo inversor que está a facer o Executivo autonómico na cidade en materia de vivenda de promoción pública.

Respecto a Berbés 41 subliñou que se trata da maior das rehabilitacións acometidas polo organismo público nos últimos cinco anos, pois xunto a Berbés 29 e 31 e Poboadores 40, adquiridos conxuntamente no ano 2018, suman unha superficie total rehabilitada de 795,70 metros cadrados.

Neste sentido, a delegada referiuse a dous das promocións en execución, nas rúas San Francisco 15 e Berbés 29, actualmente en proceso de adxudicación e que suporán a incorporación de seis novas vivendas ao histórico do ente rehabilitador.

Deste modo, a presidenta do CCVV destacou o valioso traballo de recuperación edificatoria e patrimonial que está a realizar o Consorcio do Casco Vello, organismo participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello de Vigo, facilitando cos seus investimentos o acceso a unha vivenda a decenas de familias e a revitalización da zona histórica.

Así, desde o ano 2005 o Goberno galego investiu máis de 27,4 millóns de euros en actuacións de rehabilitación neste ámbito permitindo a adquisición de 82 edificios e a posta no mercado de 111 vivendas de promoción autonómica (VPA) e 33 locais. Especialmente nunha cidade, dixo, que acumula o maior número de demandantes de vivenda e que carece de Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Xa por último, a delegada territorial volveu a insistir na necesidade de que o Concello habilite a vía da expropiación, que permitiría a compra de varias edificacións identificadas no casco vello como potencialmente rehabilitables e que nestes intres, por distintas razóns, non poden ser adquiridas polo ente público. “Temos os proxectos e o orzamento para acometer estas intervencións, pero nos fan fallan as ferramentas urbanísticas que permitan a súa adquisición e que dependen única e exclusivamente Concello”, sinalou a delegada.

Thumbnail 20210716EntregaChavesBerbes



Comentarios