El BNG de Vigo propone nuevas restricciones o suspensión de eventos públicos por la evolución de la Covid19

|

  • A fronte nacionalista cualifica de “moi preocupante” a evolución pandémica na área sanitaria de Vigo, na que se pasou en apenas un mes de 191 casos activos a 3165, e tras se rexistrar o maior aumento de positivos en 24 horas desde o inicio da pan-demia.
  • Xabier P. Igrexas: “Non podemos ficar impasíbeis diante do agravamento da situa-ción sanitaria na cidade e na área sanitaria. Hai que actuar con responsabilidade e con anticipación para evitar escenarios inda máis complexos e duros”.


O Bloque Nacionalista Galego demandou hoxe ao Goberno municipal de Vigo que estude a aplicación de novas restricións ou o adiamento de eventos con grande afluen-cia de público, perante a evolución pandémica.

Para o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, os datos sanitarios son “moi preocupantes” e esixen despregar medidas adicionais para conter o avance do virus. “Nas últimas horas produ-ciuse o maior incremento de casos de Covid19 desde o inicio da pandemia, con 367 novos positivos. Hoxe temos 3.165 casos activos cando hai xusto un mes eran apenas 191. Diante desta evolución non podemos ollar para outra parte ou facer como que non pasa nada”, explicou.

O portavoz municipal nacionalista defendeu a necesidade de actuar non só para protexer, como prioridade, a vida e a saúde das persoas, senón para non poñer en risco a actividade económica e comercial. Neste sentido, para alén de urxir que se axilice a vacinación de toda a poboación, Igre-xas, considera necesario que o Comité Municipal de Seguimento da Covid19 avalíe a posibilidade de aplicar restricións máis severas na realización de actividades públicas, como os concertos que se están a celebrar en diferentes puntos da cidade, ou mesmo de programar o seu adiamento para se realizar nun contexto sociosanitario máis favorábel.

“Non podemos ficar impasíbeis diante do agravamento da situación sanitaria na cidade e na área sanitaria. Hai que actuar con responsabilidade e con anticipación para evitar escenarios inda máis complexos e duros”, advirte


Comentarios